LUBIAN: O desterro....

O desterro.

Tocoume vivir entre as portelas naqueles duros anos en que tanto odio cía nos tiña a xente daquela xeración.. Dicíase, que nos eramos os causantes de tódolos males que os homes padecían. As lendas, rara vez certas, fixéronnos moito mal. Certo é, que penurias pasabámolas todos e cada un tiña que procurar unha esmola para el e a súa familia. Un duro inverno, tras xa varios días sen comer, a miña compañeira e máis eu sentímonos atraídos polos berros de un cordeiro que por baixo da Cruz de Groves se oian. Por desgracia para nos, tratábase dunha trampa na que caimos sen xeito de podelo evitar. Xa fusco lusco, ó pouco de vernos naquel calvario no que nos meteramos, non botemos conta do cordeiro e todo o noso empeño era saír daquela penuria
Colliamos carreira para saltar por riba da parede, máis non había maneira, probémolo cara riba ca parede parecía máis baixa, e nada, intentémolo para baixo e tampouco houbo sorte. Os brincos que dabamos non eran suficientes e acababamos robando cos fociños contra os penedos unha e outra vez.
Cúa chegada da noite e aspeadiños como estabamos polos intentos inútiles de saír, deixémonos ir esperando a dura morte que nos agardaba. Nun intre de debilidade ata nos apiademos da nosa víctima e acurrucados a el démoslle calor na fría madrugada.
Ó querer saír o sol oímos como alguén trochando monte se achegaba. Vendo que se nos viña o fin, temerosos, aconcheguémonos a única porta que había no sitio. Por sorte para nos aquel home abriuna e saímos a carreira tras rebolquillalo nunhas uceiras. Non paremos de correr hasta a Fornalla onde espantados estivemos escondidos na cova dous ou tres días. Máis tarde, querendo esquecer o triste suceso trasladémonos a Trasosmontes onde pasemos o resto dos nosos días.
Dende alí sempre que tiñamos ocasión nos achegabamos a Pedra da Picota para darlle unha ollada con moita morriña á que era a nosa terra. Xa velliños as forzas fóronse indo pouco a pouco e con elas a posibilidade de olearle polas noites o meu querido val dende o Penedo Negro.

Máis de unha vez ao longo de todos estes anos de desterro lembreime daquel home e da nosa milagrosa e, quen sabe si non intencionada libertade.