LUBIAN: No meu paso efémero polo mundo da pesca, sempre que...

No meu paso efémero polo mundo da pesca, sempre que saia pra zona da granxa, á volta pra casa viña pola Cruz, onde a miúdo andaba a pasear un home, agora xa morto, que nos seus tempos mozos fora moi aficionado ás mansoeiras. Este home sempre le botaba unha guincha, que a modo e caxato levaba cuel, ao fondo da miña cesta pra sopesar a cantidade de troitas que collera. Ao fin, sempre decía o mesmo: "non as entendes". Cansado desta situación, un día que miña mai comprara xurelos e congrio no pescadeiro, boteinos á cesta hasta enchela, baixei polos prados do Carballal ao Poulo, e fixe ver que viña de pesca. Ao chegar á chaira da Cruz xa o vin sentado a sombra debaixo da nogueira da Carbajalina. Chegando ao pe del, o de sempre... guincha á cesta e, "caralloo..., hoxe sí que entraban ben". Eseñole a cesta, e ao ver os xurelos e o congrio dixo: "seras descalazado", "na mesma medida que uste cheirón" contesteille. Despois dixolo a meu pai e este doume primeiro un "pescozón" e despois un "linternazo", que digo eu, que se chamara así pola iluminación e o rosario de estrelas que se te forma na cabeza ao recibilo, pero quedei máis ancho que largo, e a partir de aquela, morreu o conto de entendelas ou non entendelas.