LUBIAN: Dende o día de antes, a tía Maximina xa estaba nerviosa...

Dende o día de antes, a tía Maximina xa estaba nerviosa co viaxe a Zamora pra darse a ver aos médicos dun problema que viña arrastrando nunha perna facía xa un ano. Primeiro hasta Puebla na linia dos Guerra, noite na fonda da Pascasia pra seguir ó día seguinte na empresa Vivas hasta Zamora, aquelo era un martirio nada doado de levar. Sempre que viaxaba acababa mareándose, e ela xa se preparaba cunha bolsa plástico polo que podera pasar. Atrás quedara Otero de Bodas, Tabara, Pozuelo e chegando ó embalse de Ricobayo coas curvas e os cambios de rasante, acaba por sucederlle o que a miúdo le sucedía, e vomita.
Quedou estroncada, e medio adormitada, desfíxose da bolsa ceplinandoa pola ventá do autocar ó paso pola ponte da Éstrella. O resto do viaxe fixo durmida hasta a estación de autobuses de Zamora, onde chega co corpo desfeito.
Inda co estómago non lo pedía moito, como sempre que iba a capital, aproveita pra darse un caprichiño e entra no bar da estación de autobuses a comer aquel chocolate con churros que le sabia a gloria. Ó querer mastigar os churros xa nota que algo non vai ben. Aqueles dentes postizos que se le movían con tanta facilidade non estaban, e exclama: ¡Os meus dentes!, ¡Esta si que foi!, ¡caéronme ao vomitar e os tirei pola ventá dentro da bolsa!