Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por Gel Martínez:

Outono no pueblo.

O Empezar a rayar o día,
xa se poñen en movimiento,
aparcan coches na rua
falan homes todo o tempo.

O vento foi amainando,
a mañá chuviosa está
cazadores esperando, ... (ver texto completo)
Bonito poema, Piño. Que tarden muto en chamarte, que hay que disfrutar dos aires da terriña. Boas festas para todos.
Jordi Pujol; después de lo que ha hecho, puedes llamarle Jorge.
Que máis da? En España hai mutos Jordis e en Catalunya hai mutos Jorges...
Prezados forer@s de Lubián, deséxovos que pasedes boas festas e un venturoso 2014.
Gel. Non te imaginas o subidon de ánimo que me dou o leer o teu mensaxe, eu sin caer na conta! ahora que mencionas todas as virtudes que adquirimos cos anos, cierto, que chegamos a ser un diamante en bruto, así viña notando últimamente, que os fillos máis os netos me daban tanta atención.
Me alegro que pasaras a Portela para facernos unha visita, ainda que sea virtual, esperemos que algunha vez sea personalmente, este verán nos conocimos varios dos que entramos en estos foros da contorna, fai ilusión ... (ver texto completo)
Piño, esa visita personal está pendiente. Este ano fumos tarde de vacacions e entre pitos e flautas voou o tempo. Pero desde ahora cando pasedes por O Pereiro estades invitados a nosa casa onde sempre seredes benvidos.
Saúdos.
Si, mejor silenciar los excelentes productos de ésta Tierra, (no lo papan todo) las ternerillas como quedan pocas, ya las compran sólo nacer para otras autonomías.
De chavales bien se pasaba en las ferias, rodeábamos a los señores los melones, sandias, brevas y demás chuches, esperando a poder meterle mano a algún manjar de aquellos, eran deliciosos, gustaban más que ahora, la cosa andaba más escasa, entre unos cuantos, escotábamos para comprar un melón o un sandía, era devorada en menos que canta ... (ver texto completo)
Boa pregunta, Piño. Dende a noite dos tempos andan os humanos tras da fonte milagreira da eterna xuventude, e se algún a atopou ainda non volveu para contarnos onde está agochada. Mentras tanto, este ben tan prezado abandónanos sin darnos conta, anque os máis optimistas entre nos dirán que a xuventude hai que levala dentro. Bueno, eu son da opinión que non tódolos días amañecen coa misma cor, nin o espello nos agasalla sempre comforme a educación que lle inculmanos ao largo dos anos.
Esto non quita que non sepamos apreciar os beneficios que os anos nos achegan: prata no pelo, ouro nas moas, metais nas xuntas, pedras no ril, azucre na sangue, gas natural… ... (ver texto completo)
No estás errado, Pepe, era hermano de mi suegro. Que descansen en paz y que Dios los tenga en su gloria, sus familiares y sus amigos los llevaremos siempre en el corazón.

Otro abrazo para tí y también para el señor Zé, espero que algún día pueda contarme esas anécdotas (la de traerle desde Puebla a Lubián ya la contó aquí:-). Saludos a todos los forer@s de bien.
Candil, o meu máis sentido pésame para ti maís a túa familia. Apertas
Felices festas e un ano novo cheo de saúde e felicidade vos desexo a tod@s
Gel, teño que decirte que sempre que leo as tuas mensaxes por un motivo ou por outro sempre me faces reir, referente o caso que nos ocupa, podes ter razahún, más o mellor o padre Xosé le istá a pasar como caso que tú contaste fai tempos cuando o crego istaba contar o caso da aquel que se le ia a memoria un chisquiño,é decir que falaba dun tal Poncio que era piloto, entón o sacristán le tocou, claro ahora xa non sei dónde foi, a cuestión que me istá a pasar a min o mesmo, cnclusiahún que a coisa fora ... (ver texto completo)
Sin a mínina intención de ser teimosa, permíteme unha última puntualización: o sacristán daquela non lle tocou ó crego ningunha fibra sensible.
A Bubela da casa da María do Marcial: Apreciada sinora, en primer lugar decirle munto obrigado por las consideraciones que me face, desde logo despoés de leer a sua escrita, comentando co padre Xosé, o primeiro que me dixo caso único, istamos ante unha das nosas,- ¿Qué queres decir padre?_, que estudio cos curas,- ¿Por qué lo sabes?.-Istá munto claro por la sua narrativa. Menciona el primer versículo del salmo de David,-iso qué tendrá que ver, ssín téin, mira el Monte de las Ànimas, es de Soria y ... (ver texto completo)
25, dille ao padre Xosé que se centre un chisquiño. Naqueles tempos as bubelas non estudiaban cos curas, nin os bubelos coas monxas...
Tamém os meus parabés para Lubián, co seu alcalde á cabeza xunto cos seus colaboradores. É unha ledicia ver como un pobo aposta polo progreso sin perder o encanto nin os valores que herdamos dos nosos devanceiros.
Inda Cho Sei, o meu máis sincero pésame para ti mais a túa familia por a pérdida de un ser tan querido.
Éste seica pasará a censura ¿ou non?
O mestre na clase:
-Oxe vamos a aprender a restar con calculadoras.
Os alumnos en coro:
-Beeeen, beeeen…
O mestre:
-Pedriño, vamos a ver, se teño cinco calculadoras e te dou a ti dúas, ¿cantas me quedan?
Os meus escritos están salpicados de faltas de ortografía. É a consecuencia lóxica do meu descoñecimento da gramática da lingua galega. Así e todo recoñezo que esa "O" que puxen tan grande coma roda dun muiño, quedaría mellor se levara por adiante unha hache. Fun un chisco rañicas, ou como diría o amigo 25: "para a próxima volta nahun sexas miserias".
Éste seica pasará a censura ¿ou non?
O mestre na clase:
-Oxe vamos a aprender a restar con calculadoras.
Os alumnos en coro:
-Beeeen, beeeen…
O mestre:
-Pedriño, vamos a ver, se teño cinco calculadoras e te dou a ti dúas, ¿cantas me quedan?
E logo ti aínda non viche a película "Sempre Xonxa"?. A min paréceme encantadora. Ven unha escena con ese conto. E resulta que o boi da aldea levábao o crego, para máis inri. Merece a pena vela.
Eu este conto hai anos que o lin nun libro de Ramón J. Sender, "La tesis de Nancy" ou "Nancy doctora en gitanería", non lembro en cal deles. ¿Onde nacería o orixinal?
Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.
Fustaxe, fustras... lévame a palabra "palafustrán" que miña nai usaba cando se refería a alguén desaliñado ou con pouco espírito.
Velaí outra palabriña nosa que non vexo nos diccionarios, nin xiquera no noso particular de Cortés: FUSTAXE.

"Pero qué fustaxe levas!" Esta expresión refírese a que non vas ben vestido, ou que andas enlarafuzado ou embulleirado, ou cheo de fariña,... Refírese á mala pinta que levas.

"Non fagas fustaxes". Así lle decía Lola ao Filipín cando facía "muecas", como torce-los fociños, ou xestos esaxerados.

¿Tamén se diría esta palabra fóra de Lubián?
Outra palabra máis que aprendo, fustaxe. No Pereiro nunca a oín. Miña nai usaba a palabra zapaldrán para referirse a persoa que andaba pouco arreglada ou cas faldras fora.
Ás cacaforras nos chamámoslle casi igual, cacaborras. Tamén se usa para referirse as persoas que están con frecuencia doentes.
A min tamen me pasou o mismo ca ti Piño, coa palabra pocillo e con mutas outras. Pero os castellano falantes que les parecia rara esta palabra non dominaban o idioma tan ben coma eles pensaban.
.

REAL ACADEMIA DE LA LENGUA ESPAÑOLA

pocillo.
(Del lat. pocillum).
1. m. Tinaja o vasija empotrada en la tierra para recoger un líquido, como el aceite y vino en los molinos y lagares.
2. m. Vasija pequeña de loza, como la del chocolate
E en galego: ... (ver texto completo)
Carmina, únome o club do pocillo. A min pasoume o mesmo cuesta palabriña e resulta que tamén é castellana... ¡xa me desquitarei!
Eu de pequena quedábame embelesada escoitando falar o tío Francisco de Padornelo.
Estes episodios degraciados suceden, maiormente, por duas razós:
A primeira; por ignorncia, ou, pra ser mais suave, por descoñecemento de outras palabras que dicen o mesmo (sinónimos).
A segunda;é unha flagrante falta de educación. Aquelas personas que se reíron de tí, tiñan tres problemas: a mais do dous reseñados, perderon unha boa oportunidade de "aprender"algunha palabra mais, tan nosa como outra cualquera; eu, toda a vida oí chamarlle vacoriños (ou vacuriños) a os porcos recién nacidos.

Cambiando ... (ver texto completo)
Lembro unha conversa xa fai moitos anos. Tiña eu daquela amistades nun pobo da provincia veciña castellana, e decía un que certa palabra a usaban no pobo de ó lado (tamén castellano) porque "non falaban ben o galego".
Vamos a ser francos, a auga clara io chocolate espeso. Rirse ó oír unha palabra descoñecida é unha reacción humana tanto acá como alá das Portelas. Eu non creo que teña nada que ver o haber mamado o galego nos lindeiros ou galicia adentro. As palabras descoñecidas asociámolas co primeiro ... (ver texto completo)
Gel Graciñas. Me gusta moito como te expresas nos teus mensaxes, sempre que podo os leo, referente a tua opinión sobre os mensaxes dos demáis foreir@s, que che vou decir, das moitos ánimos ¡eres un cielo de muller.! O do corruncho do mundo mundial, tamén me fai gracia.
Que pasedes todos un feliz día, e non vos olvidéis de tomar un cafetiño a media mañá, que eso levanta os ánimos, a seguir luchando, non queda outra.
Uff! Gracias a ti máis a Inda pola vosa amabilidade. Gloria, ceo.... seguro que é polo tema da miña descripción das vistas do colexio, digo eu, pola relación coa gloria eterna, o paso á morada celestial...
Imperdonable mencionar as chairas de Lubián é non facelo coa chaira da Veiga Forcado, si era a despensa do noso pueblo, mira que viñan carros de patatas e de millos de esa chaira, abundancia de auga, bon terreno, (cuatro fames quitou.)
Por outra parte famosa por a leyenda que comentan, parece ser, que en tempos bastante remotos, había unha moza no pueblo muy hermosa, chamaba a atención por toda a contorna por a sua belleza, tiña novio, ¡como non! bastante celoso por certo, hasta se celaba que cuando ... (ver texto completo)
Xenial Piño. Esta mensaxe faime lembrar con nostalxia aquel encanto peculiar que atopei neste foro que a min personalmente me cautivou e incitou fai tempo a participar nel.
Esta é unha opinión moi persoal, claro está. Quizais sexan as secuelas da miña pertenza á diáspora neste curruncho do mundo mundial.
Non sei porque o falar do Garapio vexo a imaxen, debe ser que es una ferramenta da familia da Espalladeira: Una cargaba los montones de esterco de las cortes y el otro hacia los montones de estiércol en las Leiras, la mayor parte se componía de bosta de vaca. Para los que no sepan que es la bosta;"es la leña de vaca"que aparte de calentar el cuerpo, comer mucho, dormir poco, había que dar mucha suela de zapato para alargar la vida manteniéndote ágil. Todo esto se termino porque decían que contaminaba ... (ver texto completo)
Eu sendo de O Pereiro, a palabra garapio escoiteilla a miña querida nai mutas veces. Sería porque ela era de Cepedelo, e este pobo está máis cerca de Lubián que a Gudiña. E se os da Gudiña van a pobos de A Coruña e lle chaman guincho ao que alí le chaman picaña.. xa me dirás...
Ó ser o galego tanto tempo unha lingua sin normativa, casi pode dicirse que, non en cada comarca, senon en cada pobo desenrolouse de xeito diferente.
Eu son da opinión que en todolos pobos se fala ben o galego, cada un ... (ver texto completo)
O camposanto de San Francisco en Ourense foi declarado Ben de Interés Cultural.
Alí descansan grandes personaxes da nosa cultura.
Fai tempo, estando eu en clase e según en qué local, mutas foron as veces que me perdín na inmensidade de cruces e figuras de mármore branco, viaxando no mundo fantástico de soños de futuro, ó mirar pola ventá en vez de atender a lección.
Desto hai xa mutos anos, e ainda non se podía ler alí o nomeado epitafio do ilustre Ben-Cho-Shey:
"O señor D. Xosé Ramón Fernández ... (ver texto completo)
Para todol@s forer@s deste bonito pobo vos desexo unhas felices festas e un venturoso 2012.
Pero que mui ben, estupendo.
Da gusto ver o foro tan concurrido, a veces, se nota cómo un vacío ó haber tan pouca xente, temos friu, ¡o foro é tan grande.!
Se agradece a visita de Gel, xa sabes, nos gusta a todos que veñas de vez en cuando. Como estos días na Vilavella é o Pereiro, temos andado con varios temas de curas e monxas, che dedico este de Jesucristo. No obstante, deixaremos que os demáis tamén o lean.

Va Jesucristo a toda velocidad. De repente toma mal una curva y tiene un accidente. ... (ver texto completo)
¡Moi bo, de verdade!
Estaba o Ramiro no bar, onde era frecuente atopalo. Pasa o coche dos bombeiros a toda velocidade ca sirena posta, e dille Ramiro o camareiro:
-Marcho correndo que xa teño faena.
-Non sabía que ahora traballabas de bombeiro.
-Eu non, pero o home da Maruxa si.
¡Ese Don Angustias tivo algo que ver no arredondamento do euro, ben seguro!
Digo eu, ao pequeno a metade que serían oito máis un cacho. Tería que coller oito enteiras e deixar a novena a un lado para mirar maís tarde qué cacho lle pertencía.
Ao do medio a tercerira parte: cinco máis un cacho. Colle cinco e deixa a sexta para quitarlle o cacho máis tarde.
Ao maior un noveno, que sería unha máis un cacho. Colle unha, e deixa a outra cas dúas compañeiras. Total sobran tres vacas que alegremente se ... (ver texto completo)
Mira tu por donde, hoxe, tódolos entes que están en edade escolar teñen o dereito maila sorte de ser víctimas da LOGSE. Outrora, cando se lle daba máis importancia a imaxe que o contido, os afortunados e as afortunadas eran só os privilexiados e privilexiadas. Os outros, os que eran diferentes porque tiñan menos, daba igual que puseran be en vez de uve, ou xe en vez de gue. Se non, que lle pregunten ao Valentín das Frieiras se oíu algunha vez falar de Espronceda ou se leu as coplas de Jorge Manrique.
E verdai, o adxectivo gilipollas non é exclusivamente feminino, por si acaso... ... (ver texto completo)
Un dos gaiteiros aprendeu un cantar pola súa conta, pola partitura. Cando se incorporou á banda, tocaba a peza sin esquecer corchea algunha. Só houbo un pequeno problema: 11 gaiteiros tocaban unha marcha, e un gaiteiro, unha cumbia, e coa mesma partitura e a mesma melodía. Sonche cousas do ritmo. O problema non pasou a maiores porque aquel gaiteiro someteuse de inmediato.
Coas mensaxes deste foro pasa o mesmo. Cada un as interpreta ao seu xeito, cuestión que o fai máis divertido.
E digo mal inda ... (ver texto completo)
Pois sí, a bipolaridade mais o trastorno disociativo sonche doenzas xeneralizadas en alguns foros. Uns persoaxes debaten consigo mesmos, outros parecen a personificación do Doctor Jekyll e Mister Hyde e outros, istes son os máis graciosos, primeiro cágana para despois poder rectificar, porque parece ser que iso é cousa de sabios... de todo ten que haber na viña do señor. O importante é que non perdamos o sentido do humor e que nos sigamos divertindo, que como di certa señora na tvg "a veces nos esmendrullamos ... (ver texto completo)
Pedro e Moncho eran dous irmáns dun pobo das Frieiras. Quixeron convertirse en empresarios, oficio moi en voga alá polos setenta, pero por máis que o intentaron, nunca acadaron levar ningún negocio adiante. A última tentativa que fixeron para lograr as súas ambicións foi nun embalse, no que en algún tempo se desenvolvían bastantes actividades de lecer. Moito antes de aparecer as lanchas de pedales, puxeron eles un posto con media ducia de botes de remo para alugar.
Á veira da auga montaron unha ... (ver texto completo)
Non será por falta de nubes, a cuestión é querer velas. E cando a choiva nos enchoupe e nos deixe coma pitos groufos, haberá quen diga que o ceo xamais estivo tan azul... A natureza é sabia, as treboadas que se están xerando servirán para que as amapolas dos campos rexurdan levantando triunfantes a cabeza.
Talabarterías non habrá; pero albardas aínda van quedando, así coma tipos aos que lle caen que nin pintadas.
Inda vive hoxe un paisano de Lubián que, estando en Zamora, foi mercar unha albarda á rús da Costanilla, nun lugar chamado "El Sayagués", onde se venden chocallos, albardas, sombreiros de palla, fouces,... Hai catro anos inda estaba alí.
-- ¿Y de qué tamaño quiere la albarda, buen hombre? --preguntou o tendeiro, un bon amigo meu.
O lubianés arrugou o fociño, tirou da boina pra tras, rascou ... (ver texto completo)
Xenial este conto de albardas. Pasa como con todo, antes era a cousa comparable ca “alta costura”, hasta se facían á medida, hoxe son de “prêt-à-porter”, encontránse tamén nos grandes almacéns, e seica teñen moi boa saída. O malo é que visten tan ben, que os que as lucen nin conta se dan de que as levan encima..
Las ferias de hace unos años eran de impresión, la gente acudía de todos los pueblos de la zona, al ser la víspera de la Tuiza también se concentraba mas personal, unos por la feria, otros por la verbena el caso es que la gente se lo pasaba en grande.
Es curioso, pero un año hasta montaron una casa de citas en la caseta de una tierra nuestra que está cerca del Couto (feria) las Titis creo que eran portuguesas, el cajero, portero y personal de servicio ya era de la zona. La fila de espera llegaba ... (ver texto completo)
¿E pagáronvos o arrendo da caseta ou tivestes que apelar ó dereiro consuetudinario? Ás duas veiras das Portelas sempre houbo xente moi emprendedora, algúns chagaron a ser grandes empresarios. Tamén, todo hay que decilo, daquela as trabas burocráticas eran máis ben pequenas.
Desto sabía ben o tio Eulalio, home moi respetable, procedente dunha daquelas casas podentes, con moita labranza e moitas terras, que o fin io cabo, outrora era polo que se medía o poder.
Pero como a todo santo lle chega o ... (ver texto completo)
O chegar ó enderezo que lle deu o experto na procedencia dos polos, o borracho toca o timbre, e despois dun bo rato, dada a elevada hora da noite, abre unha muller a ventana e pregúntalle:
- ¿Qué quere?
- ¿Está o teu home na casa?
-Neste momento non- respondelle a muller bastante cabreada.
O borracho tambaleándose da un paso atrás e dille:
- ¡Pois faime o favor e mira a ver si son eu...!
Quizá en algún poema escrito por mí anteriormente, de la sensación de que los inviernos en Lubián son catastróficos. No es así, yo estoy deseando de volver, esto de tan mal tiempo, suele pasar en días puntuales, muy pocos, es hasta lógico que esto suceda en pueblos de montaña de vez en cuando, y uno de ellos ha coincidido en el puente de la Constitución este año.
Como podéis observar, es muy confortable dar un paseo aún nevando por las calles del pueblo y cuando deja de nevar y sale el Sol disfrutas ... (ver texto completo)
¿Catastróficos? ¡Qué va! Todo o contrario. Os invernos están prara iso, nevar, chover e xear. É un pracer andar pola neve, sobretodo cando inda está nevando, eu polo menos disfruto un montón si teño a oportunidade. Pero non deixo de reconocer que o de disfrutar tamén é relativo, sólo é cando se pode e non hai obligacións que cumplir, porque despois da neve ven o xelo, e se hai que conducir iso xa é outro cantar, pero o bailado, bailado, como a neve non ven cando a pedimos, hay que disfrutala cando ... (ver texto completo)
Hainos que din que os tempos pasados foron mellores e outros pensan que hoxe se vive moi ben. Cada cal fala da feira según lle foi (e lle vai) nela.
Fai pouco decíame un veciño dun pobo do contorno que él na súa nenez mutas farturas non pasara. Daquela, contaba, os días non eran igual de largos para todos. Pros que iban ó monte cua res, as horas alargábanse ou encollíanse a razón da merenda que lle botaban no macuto; canto máis pequena era a merenda máis grande era o día, sin importar que fora ... (ver texto completo)
A máquina ten unhos cuantos de anos, pero funciona muy ben, o personal tamén está a punto, por si temos que volver a facer as labores da labranza. Bueno, de ser asi, xa teríamos que ir cos tempos de ahora.
Un saludo, a todos os que ficeron posible, que esta malla chegara a realizarse.
Claro, claro, con tanta festa, ahora hay que repor forzas, que tendes o foro pouco animado, parece que anda a inspiración un tanto baixiña... jaja é broma.
Non perdades ese ánimo de conservalas tradicións. Saúdos.
Foi un día no mes de xaneiro, os prados branquexaban ca xeada que caera pola noite. Os regatos estaban tesos de carambelo. Esto pasou fai mutos anos, cando o único calor que había nas casas era o dos braseiros mais o lume nas lareiras.
Era o día do casamento da Encarna. Ben cediño pola mañá chegou a tía Rosario, que como xa era a madriña do bautizo, iba a ser loxicamente a madriña da voda, e tíñase por costume que axudara a vesti-la noiva.
A Encarna tiña o traxe mailas enaguas dende facía tempo ... (ver texto completo)
O Pabliño estaba cos seus avós que o coidaban mentras os pais traballaban.
-Aboa, vou a xogar ca Lupita – Dícelle Pabliño. A Lupita era unha neniña que era nova no pobo.
-Bueno, vai, e non fagas trasnadas.
O rato volve correndo e pregúntalle:
-Aboa, ¿cómo se chama iso cando dóus dormen no mesmo cuarto e un está por enriba do outro?
A señora Herminia abreu os ollos e tragou dúas veces seguidas, pensando qué decir, pois os nenos ahora edúcanos doutra maneira ca ela aducara os seus, e nin quería pasarse nin quedar corta na explicación. Daquela pensou que o millor sería falarlle claro e díxolle o netiño:
-Mira Pabliño, iso chámase face-lo amor, ou falando claramente botar un polvo, ¿sabes fillo?
-Vale aboa.
O neno bota a correr pra calle. Nun intre está de volta, ca cara larga, o fociño saído e ponse dediante da aboa con brazos cruzados e dando cun pé no chan, dille:
-Aboa,! o que te preguntei antes chámase litera, e o pai da Lupita quere falar contigo!... ... (ver texto completo)
Piño, alégrame saber de ti. Dixéronme que me invitaras a festa da malla. Non sei si é así ou non, porque eu non lin a mensaxe. Estiven no mes de maio no pueblo e desde que falleceu miña nai xa non temos internet. De todos modos, si é que tiveches a amabilidade de invitarme, quérote dar a gracias e que non penses que son unha maleducada, por non dartas antes.
Este verán non estarei polo Pereiro, a non ser que o Concello faga en dous meses o que non conseguiu en tres anos, pero iso xa sería unha milagre. ... (ver texto completo)
Non sabía que tiñais os contos a medias cós de Barxa!
Como sempre, e un pracer ler os vosos contos. Tiña unha boa reserva amontoada, que me veu como bálsasmo refrescante nesta costa arriba de retomar a rutina diaria, despois de pasar unhas semanas por terras galegas, cá morriña ainda fresca e na retina retidos restos dos contrastes verdes dos montes có amarelo das xestas e o rosado das queiroas.
Lendo o conto dos noventa graos, veúseme a mente o Toñito, persoaxe dunha historia que me contou meu pai, e casi diría con certeza que estamos a falar do ... (ver texto completo)
O pasado domingo foi a Feira Franca da Moimenta, e por alí anduve a dar unhas voltas. Fun convidado polo senhor presidente da Junta de Freguesía.
O día non puido estar mellor. Por iso andaba por alí toda a contorna. Houbo touros nunha plaza desas portátiles, con forcados e toureiros dacabalo, concurso de ovellas e de cans da res, e moitos postos de vendas ambulante.
Chamoume a atención un paisano que deu a vara desde dous sitios distintos co autoparlante sempre a berrar:
--Dez panos de cocinha, ... (ver texto completo)
Verdadeiramente, ¡por cinco euros quen non lle fai frente a lei da gravidade!
O tio Pedro foi un dia a feira, e o darse unha volta polos postos, os de lenceria sempre atraen a atencion. Despois de tanto mirar, decidiu comprarlle un sujetador distes modernos a sua muller.
Pediulle un a vendedora en ista loxicamente lle preguntou que talla queria, o que el lle responde: "Pois, uste vera, eu de tallas non lle entendo". A vendedora dicelle: "Bueno, pero uste sabe como son os peitos da sua muller, digo eu"
O tio Pedro: "Bueno, si, asi mais ou menos como pementos"
A vendedora: "Pementos ainos de moitas clases, ¿non seran asi como os de Padron?
"Home non", responde el, "dises pequeniños non. Asi.. como os outros mais grandes... pero asados". ... (ver texto completo)
Dende facía tempo o tío José e a tía Josefa estaban a precisar de un caldeiro novo pra cocerlle aos porcos, e naqueles primeiros anos 70, a Leonides xa non viña vendendo os xeitosos cacharros de materiais reciclables, (eso si que foi un exemplo de reciclaxe: latas de aceite que se convertían en regadoiras, e que logo os rapaces faciamos servir de saxofóns, botes de tomate que acababan sendo cazos pra sacar a augua do deposito da cociña económica, latas das empanadas, ou carrapitos de varias midas). ... (ver texto completo)
Eu cuando lle oia decir o crego, e despois as monxas, que todos somos hermanos, faciaseme ese pensamento un pouco agobiante. Pero lendo a vosas historias, aparte de rirme moito, penso que debe de ser vedade que polo menos somos todos cortados polo mismo machado.
O do Pereiro que tuvo esta brillante idea foi pra estrenar a cociña de butano.
O Antonio o vendelas decia que eran unha maravilla, que nin queimaban as potas. E el, aunque que era da raza comun daqueles tempos que consideraba a cociña terreo da muller, quixo facer el mismo a prova e colleu o primeiro que se lle veu a mau pra quentar augua, o caso e que se quedou sin caldeiro e escangallou os queimadores da butana. ... (ver texto completo)
De esto fai moitos anos. Contaba miña sogra, que cando ela era moza, tiñan unha veciña que le lavaba a roupa a un teniente mais a súa muller, xa que ésta era algo fina, da capital, e non sabia lavar a roupa no rigueiro, puña a disculpa que si os mozos lle miraban o traseiro, que si as formigas subian po las pernas, que si os grilos non sei quei... (todo o mundo se metía con ela.)
Solución, con esta veciña resuelto o problema, a muller toda feliz por ganar catro cadelas. Todo ben hasta que un día ... (ver texto completo)
Bonisimo. Eu por moito que cabilo no asunto non me aclaro. ¿Como seria que a boa muller o darlle voltas e voltas os cazolos, o primeiro que se lle ven a cabeza son os cataplines do teniente? Jejeje
Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada vez que me ven á memoria.
Acórdome del sempre que meto cada ovo no buraquiño da porta do frigorífico, así é que quen me vexa rir sempre que meto ovos na neveira pensará que toleéi.
Dicen que un de Lubián foi mercar unha neveira onda o Fulero de La Villa, alá nos tempos primeiros deste artiluxio. O tendeiro explicoulle para que servía cada bandexa e cada caixón: conxelador, sitio da froita e das verduras, lugar para o peixe, e na porta para as beberaxes.
Entón ... (ver texto completo)
Jejeje, moi bon. Solo fai falta un pouco de imaxinacion pra ver o probre home encaramado no alto da neveira, e pra partirse de risa.
Eu recordome de unha anecdota que viviu unha amiga miña ca sua nai, paciente de una enfermedade dexenerativa. Non e un chiste, que quede claro. Cuando unha persona querida se encontra en tal estado de desorientacion e moi triste, mais ben pra chorar. Pero as veces hay que reirse, pra quitarlle un pouco de peso a situacion. De esta maneira a miña amiga faciame moitas ... (ver texto completo)
Feliz Pascua a todos.
Este era o ti Agapito, que xa maiorciño e cheu de achaques, entre eles a xorderira, foi o medico a facerse un chequeo. Iba ca sua muller.
O medico dixolle: "para el reconocimiento tiene que traer una poca de orina, unas pocas heces y, ya que estamos en ello, un poco de esperma".
O ti Agapito deuse a volta pra sua muller e preguntoulle: " ¿que di que que teño que traer?". O que a muller lle reponde: "Bo, deixalle os calzonzillos, e xa teis a volta feita".
CONTO DO ALCALDE DE LUBIÁN
Daquela inda non chegara a TV ó noso concello. Andaran uns navarros cunha antena cravada no cimo dun pao de piñeiro levantado preto da Escarramana. Pero aquelo máis parecía unha buraca chea de chispas que un televisor.
A radio inda hoxe non se escoita ben, pero naqueles tempos non che había outra cousa, e botaban aquelas radionovelas por episodios diarios...
-- ¡"Matilde, Perico y Periquín"! "Matilde Conesa, Pedro Pablo Ayuso..."
As amas de casa daqueles tempos (que ... (ver texto completo)
Mira que foi ben sincero o señor crego.
O mei querido pai DEP (fai precisamente hoxe xa 6 anos que nos deixou) foi albañil, e pola sua profesion recorreu mutos pobos nos seus anos novos, que despois viviu hasta xubilacion fora. E contabanos sempre historias do que pasaba polo contorno. Bueno, a veracidade delas eu non podo comprobala.
Esta histora sempre a recordo, non sei en que pobo foi, ben pudo ser Lubian o millor, onde vivía o tio Serna e a sua muller Sara mais o fillo do que non me acorda ... (ver texto completo)
O tío Andrés sempre foi un home de unha seriedade contrastada e profundas convinciois relixiosas, máis tiña tamén a firme convicción de que a augua sempre tiña que durmir nos seus prados. Por eso non era de estrañar atopalo cúa súa aixada ó lombo a calquera hora da noite. Pra desgracia miña, en Carnatiño tiñamos un prado que nos apezaba. Meu pai a pouco que nos fumos facendo grandes, (grandes… con nove ou dez anos), distribuínos a meus hirmous e a min os prados, pra que cada un de nos fora responsable ... (ver texto completo)
Hola a todos los de Lubian. Yo soy de O Pereiro. Disfruto muchísimo con las historias que contais de antaño, es como si los años retrocedieran y estuviera escuchando a mis mayores en los fiadeiros, cuando contaban aquellos contos que nos dejaban a los niños con la boca abierta y a veces llenos de miedo. ¿Serian cousas do demo, ou tiñan unha explicacion coma do prado de Carnatiño?