LUBIAN: Hainos que din que os tempos pasados foron mellores...

Hainos que din que os tempos pasados foron mellores e outros pensan que hoxe se vive moi ben. Cada cal fala da feira según lle foi (e lle vai) nela.
Fai pouco decíame un veciño dun pobo do contorno que él na súa nenez mutas farturas non pasara. Daquela, contaba, os días non eran igual de largos para todos. Pros que iban ó monte cua res, as horas alargábanse ou encollíanse a razón da merenda que lle botaban no macuto; canto máis pequena era a merenda máis grande era o día, sin importar que fora verán ou inverno, que o sol estivera máis alto ou máis baixo. Tamén decía que ainda que non houbera fame, ganas de cousas sí que se pasaba, nunhas casas máis ca noutras, claro.
E isto seguro que era o que lle acontecía ó Avelino, fai xa moitos anos, sendo él un rapaz dun pobo de por aiquí. Cando ía camiño da feira, paraba na súa casa un tratante que lle chamanban o Mariano, e súa nai sempre lle arranxaba algo para comer. Era costume nestas ocasións, sacar do mellor que houbera na mosqueira, que casi sempre viñan a ser uns chourizos.
Ó Avelino aquilo cheiráballe á gloria e sempre se achegaba aredor da mesa porque sabía que o Mariano non deixaba de darlle a proba. Un día de feira, a nai, que o coñecía coma ninguén, mandóuno a facer algún recado e leulle a letanía antes de marchar: "mira que non te quero ver roldando por aiquí, cando veña o señor Mariano”... e cousas polo estilo. O Avelino non é que fora rebelde, pero a imaxen do chourizo rondándolle pola testa era tan forte que en vez de marchar meteuse debaixo do escano de madeira que tiñan o lado da lareira, e esperóu, esperóu sufridamente ata que o Mariano chegóu e se puxo a comer.
Enton, nun intre que a nai salíu da cociña, oíuse unha voz suaviña, coma un rumoreo, dende alá debaixo do banco dicir: “Mariaaaaaaaanoooo, ¡eu estou aiquííí! Saúdos


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España