Mensajes enviados por Gel Martínez:

Agradezco tu corrección, de esta manera puedo explicar mi error. Como suelo hacer normalmente, antes de escribir el nombre, lo busqué y lo anoté en un papel, pero, se vé que mis hojos no estaban ni al 20%.
¡Menuda noche tuvo el Sr. Schopenhauer!; a mi me llamó por teléfono, encima al fijo, para decirme que a ciertas horas es mejor ir a dormir. Lo tendré en cuenta.
Saludos.
Prezado Mingo, estou segura de que liche ben, o que pasa é que a sra. Wikipedia ás veces tómanos o pelo, e eu imaxinei que tu usaras ese nome a propósito. Polo tanto a miña mensaxe non era precisamente unha corrección, fíxome gracia o feito e así o quixen plasmar, sin intencións didácticas. Agradézote que non te ofendera a miña osadía, a verdade é que non esperaba outra cousa de ti.
O que xa raia o insultante (sempre que eu me deixara insultar por él, que non é o caso) son os comentarios sin fundamento do sr. Varela no seu papel de avogado de pleitos pobres, que cando non se defende a si mismo a través dun seudónimo, síntese chamado a provocar polémica con argumentos sin o máis mínimo fundamento. Ponse en evidencia facendo comentarios sobre a miña persoa sin coñecerme de nada, o cual xa dice bastante da sua pedantería. Voe alto, sr. Varela, pero se non fora tan engreído pousaría den cando en vez os pes na terra e daríase conta que, para vostede, o salto é mais ben pequeno. ¿Ou inda non se enterou que o "outro" seu protexido non deixou de particiapr nunca no foro? ¿verdai Mingo? ¡E o Varela pensando que ten dous amigos!
En fin, doulle ás verbas deste persoaxe a importancia que me merecen: ningunha. Para decir esto él ten frases refinadas copiadas de grandes cerebros, eu uso as miñas propias, co meu nome, precisamente porque respondo por todo ó que digo máis ó que escribo. ... (ver texto completo)
"La filosofía no da nada, pero ahorra mucho".
Schpenahuer.
Mandoume Schopenhauer dende o máis alá un "sms" e di que vai a denunciar a Schpenahuer por plaxio.
Hola Carmen, e un placer poder contar contigo neste foro do noso querido Pereiro.
Aproveito pra darte a benvida.
Un abrazo.
¡Menos mal, Juan, que te asomas á ventana! Xa me tiñas preocupada. Seguro que os preparativos para o San Fermín te deixaron exhausto e sin enerxía. Pois non te queda nada, que xa estalou o chupinazo....
Hola Carmen, soy Jose, un gallego de Marin, perdido por tierras de Cartagena, y bastante conocido en este foro, por lo mucho que doy el follón. Bienvenida a esta casa y que te diviertas con nosotros. Al vasco no le hagas mucho caso que le gustan mucho las "birras" y bañarse en el arroyo (¡toma ya Mikel!) Un biquiño. Xosé.
¿Fíxaste, Mikel", que o fillo da señora Carmen acaba de chamarlle o noso río "arroyo'? Pois nada, ademais de pagar birras, si algunn día aparece polo Pereiro vai de cabeza ó "arroyo", verás como lle colle respecto. Jaja.
nueva en el foro, soy hija de nela y nieta de xefa, nueva en el foro y claro del pereiro ahhhh tb hermana de manel y lito y el que escribe es..... mikel
bueno seguire dando la lata
Benvida ó foro Carmen. Chámote polo teu nome sin medo a equivocarme porque só hai unha filla da Nela. Fai moito tempo que non te vexo, ben seguro que se te atopo por ahí nin te reconocería, como te pasará a ti comigo. Alégrome de que participes no foro. Apertas
lito la hija de Ambrosio se llama Mary y es la mediana luis es el mayor fuimos juntos en clase es muy buena persona bueno lo son todos y a Mary le deseo lo mejor que sea muy feliz.
Pili, a Mary mais a Valeria son a misma persoa. Zorionak, felicitacións, felicidades e felicitats para a Valeria mais o afortunado.
Tamén para a Teresa, anque un pouco tarde, que pasaras feliz día o 29. Escolliche un día moi bonito para nacer. Apertas
-Una novia agradecida-.
"Con este regalo me sube el alterego".
Un día de verán iba eu por A Gudiña coa miña cuñada e parámonos diante da floristería. Ó lado estaban dúas señoras e dille a de máis edade á outra:
-Mira que color máis bonito teñen estas "pezuñas".
Nos mirámonos cun soriso na cara e sen decir nada seguimos o noso camiño a encontrarnos cos repectivos maridos. Ó parecer as dúas mulleres levaban o mesmo rumbo porque de repente oímolas falar detrás de nós:
-Inda imos a chegar tarde.
-Non muller -responde aquela voz xa coñecida- a rapaza dixo que ... (ver texto completo)
pues gel este año segun nos dijeron el domingo habian llamado a gente para sacar el santo. y la verdad yo lo hubiese retrasado hasta el sabado q hay boda y hubiese sido muy bonito tanto para los novios como para san pedro.... + flores+ gente... pero bueno nosotros esperaremos al loreto si Dios quiere
¡Vaia, boda no pobo! ¿Logo quen se casa, que ainda non me chegou esa nova?
Hoxe é o día de San Pedro. Outrora era o día grande de O Pereiro, o día da festa. Cando miro para atrás, sempre recordo este día soleado e caloroso. A misa das doce cantada, todos enfeitados cas mellores roupas, o calor dentro da igrexa. Casi ainda cheiro o recendo penetrante do incenso.
Despois a comida en familia… ¡que gozada!
Ben seguro que a maioría de nós fizo este día a primeira comunión e recorda a ilusión que acompañaba tan sinalado acontecemento. Para min poñer un vestido largo branco ... (ver texto completo)
Un día pra min munto expecial, non podia pasar por el sin expresar os meus sintimentos, quero decir os señores intentando escriber o portugués, munto obrigado, estuo ha ver cos señores sahún munto respetuosos conmigo, olle pouquiño y poquito a iste paso yo escreberé castellanito y ate me quedara bonito. Nahún poso escrebelo bein mas por non saber mas intenzahu non falta. Estou a ver cos sñores aparte de escribir bein sahu boa xente. Un abrazo y que se recupere o enfermo.
Prezado Zé, ¡mira que tes labia! en cuanto o castellanito e incluso o galego, por saber, sábelo escribir mellor ca min. Pero tu sigue en portugués, que xa ves, con unha pouquiña de boa voluntade hasta os que decían non entenderte, xa o saber escribir... jaja. Apertiñas.
pues no me emujaron,,, estabamos a 35º juan la figura no me he fijado pero el animal con bañador rojo tiene dos orejas,, dos ojos....
fillo da carmen en el mar menor lo que puedo enganchar es una salmonela.. o una picadura de medusa.... aqui se me puso la carne de gallina y llegue al "verano " de mezquita y la birra q ya debes estaba mas helada
Jaja, pois é verdade, na foto veinse dous animais, si vos fixades o que aparece nas sombras, parece asustadiño... Qué envexa, Mikel, esa auga xélida e moi boa para fortalecer ós músculos e aclarar ás ideas.
Yo lo tengo muy claro, tengo que escribir en español, porque será donde meto menos la pata con la ortografía. El gallego normativo, ni lo sé hablar ni lo sé escribir, por lo que solo podría hacerlo de la misma manera que se habla en Vilavella.
En cuanto al idioma de la gente que viene de fuera, no está bien que te lo quieran imponer, si es que alguien lo pretende, pero no deja de ser riqueza cultural si tu tratas de aprender algo de esos idiomas, incluso dentro de una misma nación hay distintas ... (ver texto completo)
E pregúntome eu, ¿qué malo ten ó escribir o galego que se fala na Vilavella?
É o galego que nos coñecemos e non podo imaxinar razón ningunha pola que non estemos suficientemente orgullosos del como para non querer usalo ó expresarnos por escrito. Parece ser que en castelán pódense por faltas de ortografía e non pasa nada, e no galego hai que coñecer a normativa para escribilo. Esta é a miña visión persoal, cada cual que faga o que queira.
Tes razón no que dis da riqueza cultural que nos pode aportar outro idionma. Eu creo que ademáis tratándose do portugués, idioma do pais veciño co que sempre tivemos excelentes relacións, que visitamos en nos visitan dende séculos falando cada un o seu idioma e sempre nos entendimos e se entenderon os nosos antecesores ¿non será sacar ás cousas un chisquiño de contexto os que falan de "impor un idioma"? Todos os que participamos neste foro entendemos o portugués, e cando imos á feira a Portugal falamos en galego e parécenos lóxico que nos entendan ¿ou non? Apertiñas ... (ver texto completo)
Hola, Gel, creo que te alegrará saber que meu hirmao pequeno, ó Mingo, xa foi operado e, tras séis días no hospital, xa está en casa pra continuar alí a recuperación. Biquiños e gracias polos vosos bois desexos.
Claro que me alegro que todo salira ben e deséxolle unha pronta recuperación. Como tu espero que se anime a acompañarnos no foro, e si participa moito millor.
Apertas para tod@s.
Pedro e Moncho eran dous irmáns dun pobo das Frieiras. Quixeron convertirse en empresarios, oficio moi en voga alá polos setenta, pero por máis que o intentaron, nunca acadaron levar ningún negocio adiante. A última tentativa que fixeron para lograr as súas ambicións foi nun embalse, no que en algún tempo se desenvolvían bastantes actividades de lecer. Moito antes de aparecer as lanchas de pedales, puxeron eles un posto con media ducia de botes de remo para alugar.
Á veira da auga montaron unha ... (ver texto completo)
efectivamente preseira do carballo pasmos muchos ratos alli al lado de tu casa el año pasado no estaba en mal estado... no estaria mal q el concello limpiara como limpia en veigadallas... esperemos q lea esto alguien que este en el pereiro y se anime a trasladar la idea mas ahora que comienza la nueva legislatura en el concello y que sea como sea la composicion tendremos un concejal do pereiro
Como ben dice Teresa a preseira estaba limpia, non porque o concello empleara tempo en tales menesteres, eramos os rapaces que nos dedicabamos a arrancar as herbas da auga, e nas veiras a herba xa non crecía de tanto pisala. Cantas veces o tío Cachorro tiña que votar fora os que se puñan a xogar ó futbol no medio do seu prado. O concello o que tiña que haber feito, non ahora, pero xa hay mutos anos, sería comprar a terra (que, por certo, aunque a usamos todos como se fora pública, ten dono) e facer ... (ver texto completo)
yo hace veintitantos años solia ir al lado del pueblo despues del puente puede ser ¿a pedra? habia una roca y desde alli nos tirabamos. el año pasado tambien estube y la verdad estaba bastante descuidado pero como decia poe ahi arriba el mayor problema es que estoy siempre mirando si hay alguna culebra
A preseira que hay ó pasar a ponte é a preseira do carballo. Alí reuníase a xuventude de todo o concello cando nos eramos rapaces. Había de todo: familias de merenda os domingos, rapaciños aprendendo a nadar, competicións de quén se tiraba da pedra máis alta, pandillas de amigos pasando ratos inolvidables, contando chistes, escoitando música mentras non se vaciaban as pilas da radio, facendo planes de transporte para a próxima festa... en fin eu teño casi os mellores recordos daqueles veráns dourados ... (ver texto completo)
Vei-ga-da-llas... (o eso recuerdo yo;-))
Lembras ben Candil, o nome é Veigadallas e por alí había (ou hay inda) unha preseira moi tranquila que invitaba o baño. Eu acórdome de ir algunha vez de merenda coa miña familia cando era pequena, e menudos berros pegaba o Leo cando meu pai o metía na auga.
O Mikel vaino facendo moi ben, nótaselle que disfruta cada vez que vai o pobo, dentro de pouco falará galego coma nos. Apertiñas
jope gel hablando de barxa.. ayer por la mañana como no teniamos nada que hacer, nos dedicamos al turismo.. despues de desayunar en el don pepe vimos el horno de arriba que esta quedando impresionante, nos fuimos por vegadallas hacia esculqueira y como llevabamos un todo terreno se nos ocurrio en la carretera que va de esculqueira hacia piñeiro coger una pista forestal para pasar el rato.... tira q te tira por el camino forestal y por el otro lado del monte de tameiron con un paisaje de miedo,,, ... (ver texto completo)
Mikel/Lito, ¡Como disfrutades da paisaxe do noso contorno! Indo pola Esculqueira cara Portugal está a Ruta da Pana, que é a que seguían antaño os contrabandistas para pasar as mercancías. Seguro que a coñecedes.
Xa teño eu ganas de darme tamén unhos paseos por esos lugares... Apertas
Juan, ¡qué bonito estaba o carro enfeitado!
Parece se que nun río por Barxa hay un R8 abandonado, non sería mala idea, sobretodo para o medio ambiente, sacalo e polo tan "mono" coma esta xoia túa.
Apertiñas
Graciñas, Gel. É o Manolo. E, por desgracia, tamén o Mingo; levan uns anos que non levantan cabeza (aunque non me vou a poñer aiquí a contar as suas intimidades, claro, basta decir que os dous están pendientes de operacións, por temas distintos). Biquiños.
Pois ánimos para os dous, e que se poñan pronto ben. Apertiñas
Candil, non sabía que teu irmán estivese mal. ¿E o Luis ou o Manolo?. Dende aiquí os meus desexos de melloría. Saúdos.
bueno jose antonio... yo tendre q ir con el coche lleno de rioja alavesa,, aunque tb me gusta el albariño y hasta el don simon si esta frio...
lo de las rapazas en una foto es dificil verlas... espero q saluden en el pereiro... es verdad q las vi en el tanatorio... pero no es el ambiente mas agradable para reconocerlas y mas q el año 2010 ha sido duro en pereiro (cada vez q ibamos se iba alguien y tb en agosto mi madre y este año no lleva tampoco con buen camino en quince dias el suegro de manel ... (ver texto completo)
Mikel, estas couas as veces veñen todas xuntas. Hay que darlle tempo, que aunque non se olvidan, fainse máis levadeiras. O feito de que te afecte a falta da túa ex-muller, solo amosa a boa persoa que eres. Ánimo.
Non será por falta de nubes, a cuestión é querer velas. E cando a choiva nos enchoupe e nos deixe coma pitos groufos, haberá quen diga que o ceo xamais estivo tan azul... A natureza é sabia, as treboadas que se están xerando servirán para que as amapolas dos campos rexurdan levantando triunfantes a cabeza.
Lobonocortello, o teu galego de entrasportelas é tan galego como o de máis acá. Xa amosei en anteriores ocasións a miña admiración polo voso galego tan ben falado e o voso aprecio por ista lingua, que non a deixais morrer en terras de máis alá das portelas. Eso é mérito e oxalá moitos galegos que se valoran como tal e desprecian a lingua copiaran de vos. Saúdos
bueno eu creo que o importante do galego e falalo mais ben ou mas mal cada un que o faga o millor que poida. Un saudo.
Douche toda a razón Pili, o importante é falalo e, aínda máis importante, seguilo falando. Mostra desto é o feito de que o galego sobrevivíu gracias a que nas aldeas se falou sempre, en cada lugar da súa maneira, e cada un debería de sentirse orgulloso do galego que lle ensinaron os seus pais, en non calificalo de un "castellano mal falado". A variedade de dialectos dentro do galego, o único que fai é enriquecelo, e anque hoxe haxa unhas directivas a seguir, o galego que se fala nas Rías Baixas e tan auténtico como o do interior. Ninguén debería sentir vergoña de non saber algo que nunca lle ensinaron, como foi o aprender a escribir e falar ben a nosa lingua.
Non creo que hoxe os "riquillos" falen máis galego, a maioría aínda siguen pensando que son "máis grandes" falando castelán. O que está a pasar é que canto máis alto é o nivel cultural das persoas, máis se está a valorar a riqueza da lingua, e xa non é só "cousa de aldeáns". Benestar e cultura non medran paralelos.
Dito sea de paso, hai anos o galego non era considerado como idioma oficial, non se falaba en institucións públicas e non se ensinaba nas escolas, pero tampouco había unha lei que prohibira falalo nas casas ou na calle. Por tanto, a maioría dos "ricos" e a maioría dos "da capital" non o falaban porque non querían, prácticamente igual que hoxe.
O outro día ensináronme unhas expresións en galego que non coñecía:
O galego non di que ten diarrea, di: "teño o cu que vota lume".
Non di que está cansado, di: "estou feito unha merda".
E que digan que non é fantástica a NOSA lingua. ... (ver texto completo)
Gel, por curiosidad, he leido tus mensajes en el Foro de Lubian, y me he divertido mucho con tus historias. ¿porqué no se hace algo así en O Pereiro? Creo que un pueblo así debe tener un amplio anecdotario de personajes y hechos ¿no? Animo y a ver si lo inicias. Te prometo que te seguiré la corriente. Un saludo. Xose. (Despues de ver lo bien que te manejas con el gallego, me invade un cierto pudor mal escribirlo yo)
Xosé, xa intentei animar a xente de O Pereiro a contar anécdotas e historias da nosa xente. Estou segura que todos temos vivencias personais mais as oídas ós nosos vellos que serían merecentes de ser contadas neste foro, pero a xente non se anima. Eu vou facendo o que podo de cando en vez, tamén nos foros veciños.
En canto ó galego, o mérito é usalo cada cual como saiba, si o escribimos como sabemos e podemos, con faltas ou sin elas, estamos a facerlle honor a nosa lingua, que o fin é do que se ... (ver texto completo)
O candil, me suena, pero a urbanización (C. Villalba) podria ser, a Pueblo no me suena, si es asi estamos a veinte Km.
Bueno yo elegi este Pueblo hace para veinte años, por el gran parecido a Galicia, en frente de mi casa veo el lago y detras de mi la pedriza, esto es para verlo, no lo digo yo todo el que lo visita se prenda de el. Lo mejor es que lo veas en este medio, pinchas en Manzanares el Real y lo tienes todo con fotos preciosas. Tenemos la escuela de alpinismo, senderismo y nos baña el rio ... (ver texto completo)
Mira por donde casi te "visito" a semana pasada. Estivemos uns días por Madrid visitando meu irmán que vive en Colmenar. Un día de volta de El Escorial tiñamos pensado pasar por Manzanares el Real que nos o recomendaron polo bonito que parece ser ese pobo. Por circunstancias non puidemos pasar, pero a visita queda pendiente, que aparte da natureza, ese castelo parece precioso. Saúdos.
Eramos poucos e... Agora vai Teresa e fala tamén das "bicas" (doce típico de Ourense), para rematar co postre. ¡Vale! e agora a votar a sesta ¿non?. Porque despois das empanadas, o viño, e o postre, xa me diredes. ¡Que maliños sodes! ¿Non vos da pena esta alma cándida que de lonxe que está, non cheira nadiña? Biquiños. Xose.
Aclaración: as bicas ás que se refiere Teresa nos son os típicos doces da provincia de Ourense, son outras bicas de masa de pan aplastada delgadiña que se metían no forno máis ben para tantear a temperatura e comprobar si estaba ben roxo antes de meter o pan. Estas bicas recién sacadas do formo, quentiñas e, como ben dice Teresa, con mel, ou con aceite e azúcar eran unha delicia. Os rapaces o día de cocer non marchabamos do forno hasta que salira a bica e nos deran a proba. Esto forma parte da historia ... (ver texto completo)
De mozo, el andaba un día a gardar as vacas nun prado perto do río Asureira.
A Garbosa érache unha novela mansiña, cunha mirada limpa e penetrante. El ollaba pra ela, garimoso; e ela mantíñalle a ollada, mentras andaba a remoer as herbas frescas daquela fresca riveira.
--Garbosa, carallo: que boa estás!
Ela, veña remoer, allea aos pensamentos xa casi lascivos do seminarista.
--Carallo, Garbosiña, que xeitosiña eres!
Botoulle man aos cornos, colocouna de cu contra a parede do prado, e el encaramouse ... (ver texto completo)
¡Home vai, semellantes proezas acrobáticas naide llas apuña! Anque nesta, o nome de milagreira perténcelle á Garbosa sin dúbida algunha.
Gracias juan por mandarnos esa foto de tua nai e da Clarisaque guapa esta a Clarisa que boa persona era gran amiga de miña nai cantas noites de risas nos pasamos na sua casa todas as noites despois de cenar nos ivamos o fiadeiro eu ainda os coñocin pouco tempo pero o menos me queda ese recordo o ver esa foto me veu a memoria todas aquelas vivencias gracias un abrazo.
Hola Pepita, sempre é un pracer ler os teus amenos comentarios, será porque coñecemos tanta xente do noso bonito contorno e compartimos moitos recordos. Para min a Clarisa é tamén unha persoa entrañable. Teño tamén gratos recordos dos seua pais, de cando iba a matanza mais a festa da Vilavella á súa casa ca Tía María. A dozura do Tío Xeixas herdáronlla os seus fillos, que son moi boa xente. Bueno, en teño en xeral bonitas lembranzas de toda a xente da Vilavella, e sempre fai ben de cando en vez recordar ... (ver texto completo)
Para os amigos virtuais das portelas.
Amiga Gel e demais foreir@s das portelas e frieiras: Na semana santa tiven a oportunidade de visitar as frieiras e Lubian, que xa facia tempo que non estaba no pobo, aunque a Madrí vou con relativa frecuencia, e a Barxa cada 15 dias. En Lubian so parei coa compañeira a tomar unha cervexa no bar que está na rua Manuel Fabrega Coello, antiga estrada de Madrí a esquerda indo direción castela, foi o sabado 23, por certo tomando a cervexa apareceo un home nun renault ... (ver texto completo)
Barxes, xa vexo que na Semana Santa ficestes turismo pola zona. ¡Qué envexa! Pra min estas fechas son poucos días e muta á distancia.
O que máis me gusta da residencia da Mezquita e que alí atopas residentes procedentes de todo o contorno. Ó mellor, algún día dentro de múúúútos anos, seremos nós os residentes, e se chegamos alá teremos que formar unha sociedade de contacontos para amenizar os días da edade de platino.
A miña querida nai foi unha das primeiras residentes cando se abríu no 2004. ... (ver texto completo)
Se se trata do mesmo crego que eu penso, habería que engadir o que sigue:

Aquel mociño, unha vez cura, nunca precisou da "bacinilla". El enchía o depósito, sin derramar unha pinga, directamente coa súa mangueira, que che foi sempre moi milagreira.
Jaja, pois xa nos contarás algún deses milagres, que a miña fonte informativa non chegou a tanto.
Seguro que sentiche falar algunha vez dun famoso crego que houbo, xa fai moitos anos, polo noso contorno. Foi máis coñecido pola súa peculiar forma de proceder que polas obras propias da vocación. Segun decían, vírono mais dunha vez polas discotecas, en non estaba alí precisamente en función do seu cargo. Pero unha cousa sí a tiña: o home sempre cumpría ca sua palabra.
Non fai moito escoitei unha historia relacionada cuesta virtude del, que segundo parece foi a que ó levou ó seminario.
Daquela, ... (ver texto completo)
mirando o puente como quedou ahora conparado como era antes acordome q nun veran un matrimonio q viñan de barcelona de vacacios me parece q eran de choguazoso ya señora era a q conducia o coche ye en vez de frenar acelerou e marcharon o rio traian botes de pintura xa ves como quedou o rio todo blanco desto xa fai moitos anos espero. ua aperta a todos.
Esta ponte é máis acorde co tráfico de hoxe, pero non ten nin por asomo o encanto da ponte vella. É unha lástima o estado lamentable no que se encontra, que xa hay anos que está a pobre mutilada. Uns polos outros naide se molesta en arreglala. É competencia de Obras Públicas, sí, pero o Concello debería facer as debidas reclamacións. Ó largo do tempo foron moitos os vehículos que lle mediron a altura, creo que nunca houbo que lamentar víctimas, pero sustos unha chea deles. Eu lembro tamén cando o Luis do tío Abel e o Toño o Pita (¿ou foi o Forito?) caeron abaixo co tractor, un deles quedou bastante esmendrellado, xa hay tanto tempo que neste intre non sei cal deles foi. Nas pedras da ponte acostumbraban a sentarse as mozas (mais as menos mozas) os domingos o dar o acostumbrado paseo pola carretera, ¡Se as pedras falaran! O parecer o que iba conducindo, por miralas, esqueceuse de que había curva e colleuna ó dereito. ... (ver texto completo)
Candil, que ben que compartas no foro esos bonitos recordos da infancia como o do vestidiño azul, en ben seguro que ainda tes máis. A min gústanme mouto que se conten aiquí as lembranzas que temos de pequenos, é como darlle máis vida ó pobo. Anque todos evocamos os momentos da nosa nenez moitas veces, compartilas neste foro faino máis entrañable. ¡Ánimo foreir@s! Apertas
gel aunque no al lado cerca tendras un sitio para el cafe.... ahhh y todos los foreros... mi intencion fue dejar la escalera de la casa da xefa pero no pudo ser... o seaq aunque sin escaleras tendreis - tendremos cafecito.. mikel
Mikel, con escaleiras ou sin elas, a invitación para tomarnos o cafeciño está aceptada. Ademais, si levas tanto tempo indo polo pobo, non acabo de enteder porque ainda nunca te vin, pois eu paseime por alí todolos anos no verán e en vida dos meus queridos pais, duas ou tres veces no ano. Xa falaremos. Besarkada.
Gel, mentras miro esa foto donde está teu pai ven-me a memoria o novo que se fui, o recordo moito cando iva a Vilavella que vo ome era sempre tiña unha palabra graciosa que decirte na vilavella falaba con toda a xente, como se notu a sua ausencia cando se marchou pra sempre, cando as boas personas se van deixan un gran vacio aqui abaixo. un saudo a todos
Gracias Pepita polas palabras agarimosas o referirte o meu pai. É verdade que facía amigos por todolos sitios onde ía e (casi) sempre estaba de bromas. O vinteseis deste mes fizo xa sete anos que se foi e a pesar do vacio que deixou, eu inda casi non o creo. Será polos recordos tan bonitos que teño del, como tu os teis do teu pai, que eu temén recordo como un señor moi tranquilo e de sorriso xentil cada vez que o via cando estaba na Vilavella. Apertas
Hola Gel. Esa foto faime recordar que a casa das Marujas neste intre esta a ser derrumbada. Estabase caendo e o meu primo Paco (que a comprara, xa sabes) pagoulle a un construtor para derribada y que quedase aquelo liso. Seguro que cando volvas non reconoces o sitio.
Pura, é unha pena cantos recordos se van cas casas o ser derrumbadas, menos mal que tamén os levamos dentro de nos. Para min este barrio é o meu berce, onde pasei os anos da nenez e dame pena que xa non estén as casas de antes. Unha delas e e miña propia, hoxe houbera feito as cousas de outra maneira.. Apertas
Aquí está reunido un grupo de persoas do Pereiro, seguro que todos as conoceis. Para min da primeria a última moi queridas e apreciadas. De todo o grupo, hoxe só hay duas en vida: o Paco e o meu irmán (unha cabeciña que se ve entre o Paco e o meu pai). Desexo que tódolos que xa nos diexaron estén en bo lugar mirando para nos. A foto está feita na escaleira das Marujas, duas irmás ben conocidas e lembradas por todos no pobo, a Maruja e a Antonia. A Antonia foi muto tempo a costureira. Estas escaleiras ... (ver texto completo)
pías=país
Pura, Pili, gracias por esa visita a paxina, os que estamos metidos neste mundillo dos coches clasicos sentimonos moy orgullosos dos nosos coches e agradecemos o reconocimento que nos fan os demais. Seguro que o home da Pili esta de acordo conmigo.
Un abrazo
Juan, maio acércase e pronto nos veremos, asique voume a reservar unha voltiña nunha desas dúas xoias que tes, seguro que será máis confortable que aquela volta na famosa bicicleta sin neumáticos... polo menos para compensar. Bicos
Todos en silencio. Demasiado silencio, creo, en muitos aspectos, pero hai un que me chama a atención sobre os demais.
Fai un tempo houbo un terremoto en Chile, todo mundo mandou mensaxes de apoio ó pobo chileno, nos que me incluio. Fai catro dias pasou outro tanto en Japón; non vin a mínima referencia neste caso. Nin teño autoridad nin motivo para reprochar nada pero... ¿estámos actuando igual?. ¿Mandamos meensaxes a Chile porque casi todos temos algún familiar, amigo, conocido, etc., para quedar ... (ver texto completo)
Tes que perdoar, Einstein, pero atopo esta mensaxe túa un tanto fora de contexto. Non vexo que o fin de este foro sexa expresar os sentimentos persoais frente a cada acontecimento mundial, o cual non quere decir que esos sentimentos non existan e que non expresen noutros lugares. O caso de Chile non ten comparanza no sentido que hay moitos chilenos que participan nos foros dos pobos e son veciños coñecidos pola maioría. ¡Non compares, por favor! En cuanto ó que dices de facer comentarios por quedar ... (ver texto completo)
Na fecha desta foto eu inda andaría gateando, por eso cada vez que a miro paréceme un enigma, só reconozo a Belsita, ó seu lado imaxino que é seu irmán Paco, outra é a Milucha e a Mercedes. ¿Quen reconoce mais? Tamén pode que esté a miña irmá..
Talabarterías non habrá; pero albardas aínda van quedando, así coma tipos aos que lle caen que nin pintadas.
Inda vive hoxe un paisano de Lubián que, estando en Zamora, foi mercar unha albarda á rús da Costanilla, nun lugar chamado "El Sayagués", onde se venden chocallos, albardas, sombreiros de palla, fouces,... Hai catro anos inda estaba alí.
-- ¿Y de qué tamaño quiere la albarda, buen hombre? --preguntou o tendeiro, un bon amigo meu.
O lubianés arrugou o fociño, tirou da boina pra tras, rascou ... (ver texto completo)
Xenial este conto de albardas. Pasa como con todo, antes era a cousa comparable ca “alta costura”, hasta se facían á medida, hoxe son de “prêt-à-porter”, encontránse tamén nos grandes almacéns, e seica teñen moi boa saída. O malo é que visten tan ben, que os que as lucen nin conta se dan de que as levan encima..
Bonito o poema, Piño. A verdade é que a maioría das mulleres de hoxe temos sorte, traballamos, pero non estamos soas ó fronte das labors do fogar nin para educar os fillos e reconócese a nosa contribución a economía familiar. Non sempre foi así, por eso viva a democrácia e vivan os tempos modernos, que son ben diferentes ós de antes e, nostalxia ó lado, na maioría dos aspectos cambiaron para mellor. Tamén penso en tantas mulleres que ainda viven en situación de sumisión, que se lle priva da liberdade, que non son tratadas como persoas humanas. Nenas que se lle impide ir a escoa, só por ser mulleres… e tantas coitas que ainda están pasando día a día en mutos lugares do mundo mundial. Que pronto veñan tempos mellores para todas elas.
Mikel, gracias pola "besarkada", eso soa a moito ¿non? e tamén gracias polo galego, fa-lo moi ben. ... (ver texto completo)
Gracias polo poema. A cosecha propia de Piño tamén amosa o ben que se lle dá a rima. É máxico o poder da poesía. A par de ser unha maneira moi bonita de expresar os pensamentos, algunhas levan tanto sentimento envolto que ó lelas parece que foron escritas só para nos. Eu limítome ó pracer de lelas, e para todolos foreir@s que disfrutan do galego, aiquí unhas líneas de Curros Enríquez, adicadas á nosa prezada lingua:

Fala de miña nai, fala harmoniosa
en que o rogo dos tristes sube ó ceo
i en que descende a plácida esperanza
ós afogados e doridos peitos;
...
Idioma en que garulan os paxaros,
en que falan os ánxeles ós nenos,
en que as fontes saloucan e murmuran
entre as follosas árbores os ventos… ... (ver texto completo)
Con toda a súa inocencia e mansedumbre das ovellas, a veces tamén dan sorpresas é sacan o xenio.
Non se me olvida a robada que me dou un carneiro, pilloume descuidado, ven correndo por detrás, e doume un golpe tan fuerte que me tirou o suelo ¡e con que forza! deixoume como un Nazareno, coa cara e maus todas ensangrentadas, máis un fuerte dolor nas nalgas do golpe, (ainda era un rapaz)
O carneiro era enorme, tiña unhos cornos de impresión, parece que o estou vendo... Esto era en Castromil, con deciros ... (ver texto completo)
Claro, no mundo ovino pasa como en todalas especies, eles mais elas son da mesma raza, pero ben diferentes: elas doces e tranquilas e eles e bravos e ásperos, jajaja, bueno, sin ánimo de xeneraralizar, que tamén hay excepcións. A min único recordo semitraumático que me quedou das ovellas foi a pena que me daban os cordeiriños cando eran moi pequenos para ir pro monte co rabaño e quedaban soiños todo o día no curral berrando pola nai. ¡Qué angustiada me puñan! E para colmo en casa ríanse de min. Menos ... (ver texto completo)
Einstein, pensaba que o teu seria mais ben E=mc², pero xa vexo que as rimas non se te dan nada mal. Gracias pola adicatoria, fixéchela moi ben, non cabe dúbida. É moi agradable últimamente o cambio no foro da Vilavella. Saúdos para tod@s.
Es una foto preciosa, en blanco y negro, la nieve amontonada, la moto desafiante, el chico con su flequillo al viento y jersey de cuello alto pero sin abrigo (señal de inconsciencia y juventud), las casas antiguas..., en fin, una foto de poster. Y algo entenderé de fotos, ¿no?;-)
Ja, ja ¡qué gracioso o teu comentario! Cuesa indumentaria non creo que fora moi lexos en moto, anque mirando o montón de neve... nin con abrigo nin casco, pero conocendo como o conozo ben seguro que por intentalo non quedou.
¡Qué guapo o meu primo e qué melena! ¿Cadenas? Daquela non lle facían falta, votaba fume polos catro recantos él mais a moto. Dende aiquí unha aperta.