PEREIRO O SAN PEDRO: Hola Gel. Esa foto faime recordar que a casa das Marujas...

Aquí está reunido un grupo de persoas do Pereiro, seguro que todos as conoceis. Para min da primeria a última moi queridas e apreciadas. De todo o grupo, hoxe só hay duas en vida: o Paco e o meu irmán (unha cabeciña que se ve entre o Paco e o meu pai). Desexo que tódolos que xa nos diexaron estén en bo lugar mirando para nos. A foto está feita na escaleira das Marujas, duas irmás ben conocidas e lembradas por todos no pobo, a Maruja e a Antonia. A Antonia foi muto tempo a costureira. Estas escaleiras eran un famoso lugar de tertulia no cima da aldea polas tardes despois da sesta, á sombra do porche e dunha colcha que poñían no frente a modo de cortina para protexerse do sol, que nos meses de verán inda queimaba á tardiña. Alí tratábanse tódolos temas de actualidade no pobo, dende as doenzas das dúas irmás, que dito se a de paso eran de tódalas índoles, ata os últimos rumores e novas que se divulgaban de boca en boca. Tamén se levaba conta dos que pasaban pola calle, cando ían para o campo nos carros uns e a pé os outros con aparellos ó lombo como espalladoiras ou engazos. Cando volvían en xeral eran convidados a descansar un anaquiño, invitación que casi sempre era aceptada con pracer, o que enriquecía a diversidade dos temas de corversa. Os recordos que teño destas escenas son entrañables, anque as novas que se comentaban interesábanme daquela menos co montón de revistas da prensa rosa que me daban asiduamente cando elas xa as tiñan lidas, ou as revistas de modelos da Antonia, que ela lle chamaba figurís, nas que xa escollía meses antes da festa o vestido novo que me ía a facer e que tanta ilusión me facía estrear.
A cadela que ten o tío Francicso dediante que apenas se ve (neste intre, por muto que revolucione o cerebro non logro acordarme do nome) era convidada habitual na casa. Pero un bo día saíu dalí escafecendo e inda tardou un tempiño en atreverse a volver. Foi o día que lle matou un ratiño que a Maruja tiña adoptado. O bichiño saía dun buraco na parede da cociña para comer os cachiños de comida que ela lle deixaba a diario no vertedoiro. ¡Qué cabreo colleu ca pobre cadela! “ ¡Sinvergonza, eso no se fai!”, lle decía mentras ela escapaba á carreira cara a casa dos seus donos, a tía Maria e o tío Francisco
Hoxe hai xa pouca xente no pobo, pero estas lembranzas para min son tesouros que cada vez que as evoco fanme recordar que grande é o noso querido Pereiro.

Hola Gel. Esa foto faime recordar que a casa das Marujas neste intre esta a ser derrumbada. Estabase caendo e o meu primo Paco (que a comprara, xa sabes) pagoulle a un construtor para derribada y que quedase aquelo liso. Seguro que cando volvas non reconoces o sitio.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Pura, é unha pena cantos recordos se van cas casas o ser derrumbadas, menos mal que tamén os levamos dentro de nos. Para min este barrio é o meu berce, onde pasei os anos da nenez e dame pena que xa non estén as casas de antes. Unha delas e e miña propia, hoxe houbera feito as cousas de outra maneira.. Apertas
de la casa de las marujas ya solo queda la explanada.. pero gel cuando vengas a pereiro podras tomar un cafe en el escano de las marujas,,, q ya esta reformado despues de mucho trabajo en nuestra casa.... o sea q animate,,,
un bico


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España