Molinos,
Palomar, Vistas panorámicas, rutas de senderismo. Una visita interesante puede ser a Penedo dos
Tres Reinos
O Penedo dos Tres Reinos (ou
Fraga dos Tres Reinos) é unha elevación de 1.025 metros de altitude, integrada no sistema montañoso da serra de Marabón, na fronteira entre os tres vellos reinos medievais de
Portugal,
León, e Galiza, de onde o seu nome.
O Penedo sitúase na fronteira entre a freguesía de Moimenta, no concello de Vinhais, o concello de
A Mezquita, na provincia de Ourense (Comunidade Autónoma da Galiza) e o concello de
Hermisende, na provincia de
Zamora (Comunidade Autónoma de Castela e León).
Em 1864, co trazado definitivo, pola Comisión de Límites, das fronteiras entre Portugal e
España, mantívose a fronteira de séculos nesta rexión. A pesar de que hoxe en día os tres reinos a que o nome da fraga aludida xa non existan (Portugal tornouse unha república, e a Galiza e León foron integradas no reino de España), a súa vella e secular designación mantívose inalterada.
Como corresponde aos dialectos galego-surorientais o vocábulo fraga é un equivalente de penedo,
rocha, con correlatos no trasmontano fraga.
Frágua semella unha deformación popular.