Mensajes de PADORNELO (Zamora) enviados por INDA CHO SEI:

El profesor le pregunta a Jaimito:
Hay siete pájaros en un árbol, matas tres a tiros
¿Cuántos te quedan?
Jaimito -Los tres muertos, los demás volaron
--Moi ben, Xaimiño. Eiquí vedes a un rapaz con moito sentido común --dixo a mestra.
E o menino continuou con outra adiviña de colleita propia:
--Nunha terraza hai tres mulleres novas comendo un xelado cada unha. A primeira morde-o, a segunda chupa-o, e a terceira lambe-o. A ver, señorita: Cal das tres está casada?
A mestra rasca unha orella mentras pensa, e logo afirma:
--Pois estará casada... a segunda..., ou a terceira...
--Non, señorita. A que está casada é a do anel!
Pois a min paréceme que hai intimades que deixan de selo en canto se publican eiquí cándidamente.
A tal Moñuda non parce que transpasara nengún umbral. Simplemente hai xente que debera preservar dentro certas cousiñas, en lugar de sacalas a relucir ao soalleiro.

Para as intimidades hai outros medios máis discretos, e ollo con eles tamén.
Alejandro era fillo de Paco, do irmán de Socorro.
A min éme moi doado encontrar palabras para expresarme. Pere neste caso de Alejandro, non dou atopado palabra, porque non hai palabras para laiarse de tan grande desgracia.
Sentímolo todos.
Cada quen é moi ceibe de identificarse ata co seu ADN, se así o desexa. Eu non o preciso, e ademáis opino que se andásemos espidos polo mundo adiante, as partes máis íntimas perderían a maior parte do seu encanto.
O que fai falla é que a xente se exprese sen ofender, que para irmos de frente non é preciso levar o nome na fronte, coma no monte: PADORNELO.
Ben cho sei eu: hai centos de foreiros que sabe de min ata o DNI. É outro xeito de ver as cousas cun mangadiño de morbo, coma un pemento picón ... (ver texto completo)
Manolín: non lle fagas moito caso a ese xornal. Ao mellor confunde os adxetivos ECOLÓXICO e CINEXÉTICO, aínda que ás veces poideran ser compatibles.
No caso de Padornelo priva o cinexético. Ata o letreiro no cimo dos Cimarallos non é outra cousa que un cazadeiro de coellos.
Debe quedar ben clara unha cousiña: Hoxe en día naide impón plantacións, polo que a Xunta de Padornelo non impedíu plantación ningunha.
A min, dito todo isto, gústame o resultado desa inversión. A Xunta de Castela e León debería ... (ver texto completo)
Inda que sexa unha obviedade, como nos teixos, ocurre que hai unha planta para cada sexo nos kiwis.
Se plantas só femias, e non hai un macho perto delas, nunca darán froita.
En Lubián plantaron machos intercalados. Pero parece ser que non fai falta plantar machos. Basta con inxertar de macho algunha galla dunha femia.
Isto dos inxertos víñanos ben aos humanos: Que non che funciona un membro do corpo, ras!, amputas, inxertas un membro novo, e ó carallo.
Os nomes das rúas de Padornelo son os mesmos que aparecen no Catastro de Urbana, cambiando Calle Larga por Camino Real e Carretera de Galicia por Avda. de Sanabria.
Poucos cambios, porque separarse do Catastro é crear moitos problemas ós veciños.
De todos os xeitos, como o Catastro é un galimatías pouco doado de entender, podedes pórvos en contacto co Alcalde e diseñamos un novo rueiro, respectando ó maximo os nomes orixináis, aprobámolo con planos ben clariños, e enviámolo á Xerencia Catastral ... (ver texto completo)