PADORNELO: Inda que sexa unha obviedade, como nos teixos, ocurre...

Inda que sexa unha obviedade, como nos teixos, ocurre que hai unha planta para cada sexo nos kiwis.
Se plantas só femias, e non hai un macho perto delas, nunca darán froita.
En Lubián plantaron machos intercalados. Pero parece ser que non fai falta plantar machos. Basta con inxertar de macho algunha galla dunha femia.
Isto dos inxertos víñanos ben aos humanos: Que non che funciona un membro do corpo, ras!, amputas, inxertas un membro novo, e ó carallo.