Mensajes de A GUDIÑA (Orense) enviados por INDA CHO SEI:

Xustiño por debaixo do Pub Chic. Cruza a Portela que te espero. Saludos
Foime imposible, amigo. Non dei acabada a xeira deste outro lado da portela.
Agradécese igual o convite.
Buenas tardes a todos los foreros y foreras de nuestra Comarca, incluyendo la alta Sanabria. Deciros, que comienzan las fiestas patronales de A Gudiña, por lo que os envitamos a unas cervezas (o parecido) a todos los foreros que nos honreis con vuestra presencia en estos dias. Saludos cordiales
Onde queda esa leira que temos que desbrozar?
No sé si procede hacerla sin caer la ignorancia, pero ahí va:

Se me ocurrió ayer, mientras comía mis cinco nueces de rigor de cada día, por eso de que son buenas para el colesterol.

El caso es que un año, cuando fui a recoger las castañas, me bajé a Verín, para aprovisionarme de ellas, en una tiendecita que tiene verduras y embutidos y estas nueces en cuestión dice que son de Oimbra. Se encuentra en la plaza donde está el bar Lolo, que es de a Gudiña. (siempre haciendo patria).

Y le digo ... (ver texto completo)
Como ben sabe vostede, en toda-las linguas hai sinónimos. Un concho é unha noz, e unha noz é un concho. Por iso unha nogueira é tamén unha concheira.
Eu sonlle zamorano, de Lubián. Hai galegos que se rín do galego que falamos nós eiquí. Eu calo, pero temos palabras, como GARAPIO, que non son coñecidas para a maioría dos galegos. O garapio é o guincho para arranca-lo esterco das cortes, e aparece no diccionario de galego de Estravís.
É como se nos andéramos a rir dun castelán porque dixese POLLINO no canto de JUMENTO, ou de ASNO, ou BURRO.
Desde 2.004 son académico correspondente da RAG. Alí non se rin de min xamáis. ... (ver texto completo)
A ver, apreciado Zé das Carvalhas, vas ter que independizarte do padre José. Será mellor que exerzas de sancristán como autónomo, ou que cambies de parroquia se quixeses aforra-la cuota empresarial.
Nunca exerceu o sacerdocio Don José en Medina del Campo?
Dame no fociño que este crego teu vai ter algo que ver coa polémica desatada hai poucos anos alí coa obra escultórica do zamorano Ricardo Flecha "Cristo en brazos de la muerte".
Encargan a escultura para un paso, e logo cuando o sacan en procesión, ... (ver texto completo)
Amigo Inda, vexo que coñeces mui ben as praias do Morrazo, aunque che quedarón por nomear muitas entre elas a do Loureiro en Bueo e Aguete en Marin.
De novo eu tamen as visitei todas os fins de seman, agora tamen de cando en vez dou unha volta por elas coa familia. Razón teis que antes os labregos fai anos cuando as cirilas ou calquer outro coche da epoca quedaba enterrado na area, os nudistas non podian pedir axuda as xentes do campo senon se ivan desnudos podian recibir unhas lombeiradas. Agora ... (ver texto completo)
Daquela vai ser agora, que teño máis tempo, cando visite a praia de Barra. Poreime en porretas nun lugar destacado e ben visible para eses voyeurs tan ben pertrechados, e así poderán gozar a feito deste tipiño irreverente que Deus me deu, con tódolos seus atributos abertos no escaparate da natureza.
Señor Inda Cho, haga el favor de reportarse. En lugar de contar a su manera aventuras de pescados, ¿por qué no cuenta los pecados de sus aventuras en la playa de Barra, tan cerquita de ese recorrido por la península del Morrazo?
Telesforo: De novo, fun coa miña muller e os meus fillos a varias praias do Morrazo. Limens, Nerga, Menduiña,...
De solteiro, estiven na de Mogor.
Na de Barra nunca piséi. As aventuras que mencionas sonche de meus irmáns, que andaban en porretas por eses mundos de Deus. Seica apareceu un labrego cun sacho e deulles unhas lombeiradas co mango, cando andaban eles a empurrar unha cirila que patinaba na area. Son cousas que pasan. Máis nada.
Sinor Inda, pero home usted debe coñecer mellor ca eu o sinor Romerales, más debía saber que con tudos los respeitos que me merecen ístes, al ser militares nahún se suelen sentar según con que peixes, como usted béin sabe falando dos mencionados a que ter cuidado sobretudo por culpa dos colores, tratándose del sinor Romerales me parece que adoctó la pustura más correcta, claro vendo desde la xerarquía militare. Por qué digo ísto, según el padre que suele levarse munto béin con los militares, pois ... (ver texto completo)
O Padre José sabe máis deses peixes ca nós. Daquel non quedou máis co cangallo, a pesares de ser descoñecido para Romerales.
Aquela espantada non foi máis ca unha escena teatral de Telesforo. Logo volveu, cuadróuselle ao camareta, e faloulle deste xeito:
--Tráigame a mí otro igual, por favor. Hagámosle así un homenaje gastronómico al soldado desconocido.
Senteime para xantar, un día xa do pasado remoto, co señor Romerales nun restaurante de Cangas, camiño de Moaña. Era a semana do Teatro Cómico e Festivo do lugar.
Eu pedín peixe. O peixe que fose, dábame igual. Bastáballe con sere un peixe fresco da ría.
Cando me trouxeron o prato co aquel peixe marabilloso deitado nel, Romerales preguntoulle ao camareiro cómo se chamaba aquel peixe.
--Pois non sei decirlle cómo se chama, señor. Élle simplemente un peixe fresco. un peixe da ría.
Romerales levantouse ... (ver texto completo)
Podes contar conmigo, que sempre estarei alí onde haxa que botar unha man!
Revisando as mensaxes do foro, hai esta do mes de novembro na que eu non caíra porque precisamente estaba na Gudiña naquela epoca, cando estou ali teño tantas cousas que facer que non me queda tempo para estes "menesteres", e non tuven polo tanto ocasión de responder. Estuven pensando se contestar ou non, visto o tempo pasado desde entón, pero visto tamén o ataque tan directo que me fas, aducindo argumentos imaxinarios, ¿cando presumín eu de educación?, ¿cando me sentín ofendido?, ¿cando lancei labazadas ... (ver texto completo)
Estou de acordo contigo.
Mirei mal. Ao revisalo "Je n'ai jamais dit" está perfectamente escrito. Lino de corrido e non me decatei de que "dit" non é a 3ª persona do presente, senon o participio do ´pasado composto.
Agora ben: teño que decirche que nunca pensei que estaba a ofender a ninguén. Se foi así, perdón, porque nada máis lonxe da miña intención.
Unha aperta.
Coñecín a Isaac en 2.002 en Padrón.
A miña presencia aquel día na casa de Rosalía foi para recoller, na condición de secretario, o premio Pedrón de Honra concedido aquel ano á Asociación Xente Nova de Lubián.
No almorzo posterior comín ao lado de Isaac, e falounos con moita pasión de varias cousas. Sargadelos foi unha delas.
Morreu, porque temos que morrer. Pero a xente como Isaac transcende a morte.
Amigo Casa del Perú: Estás a falarme de tempos bastante remotos.
Na década dos sesenta, marchei para Zamora, interno, no 63 con 11 anos de edade.
Paséi toda a década en Zamora, e cando viña en vacacións, non saía de xoldra, a non ser ás festas dos pobos perto do meu, que tampouco abondaban os coches.
Eu non andei en Puebla ata que fun político con responsabilidades na bisbarra.
No comercio, se había un home alto e delgado, non podía ser outro que un cuñado de Miguel que tamén marchou coa familia ... (ver texto completo)
Nunca fun cazador. Pero sí actor nos tempos do Teatro Matamoura do noso pobo.
Inda lembro aquela obra do Gayo Vallecano "Ahola no es de leil" que tivemos a afouteza de recrear eiquí, na serra.
Eu era un daqueles soldados das guerras de Marrocos e de Cuba. Ía armado cunha escopeta daquelas que tiñan coma proxectil un tapón de cortiza atado ao armamento cun cordel, para non perdelo ao primeiro disparo.
Vendo nestes derradeiros tempos que todo quisque presume de rifle, de escopeta de repetición ... (ver texto completo)
O galego e maila cultura galega non son só de Galicia. O galego é a miña lingua vernácula, e eu son moi respetuoso coa miña cultura e coa cultura dos meus ancestros.
Levo moitos anos con responsabilidades en institucións (desde 1.979). E sempre defendín e defenderei a miña cultura, por riba do meu partiodo político, se fose menester.
Tamén digo que o castelán é unha lingua moi fermosa. É tan miña coma o galego.
Por certo: Miguel, un dos Sotillo, ten 87 anos e aínda vive. Agora mesmo acabamos de ... (ver texto completo)
Tanto me ten que a resposta sobre Vigo fose para min ou para outro.
O caso é que as personas que presumen de máis educación tantas veces, danse por ofendidas sin ningunha razón obxetiva, e lanzan labazadas sin ton nin son.
Vexo o ben que falades francés. Non é o meu caso. Escribo máis que falo, porque en Francia non estiven máis que catro días en Coulonge Le Rouge e en Najac nunhas xornadas sobre turismo rural, e outros tres días en Bruselas visitando o Parlamento Europeo na defensa das linguas ... (ver texto completo)
Lin a historia do francés transcrita ao pé da letra por LA CASA DEL PERÚ. É moito máis interesante a historia que a presentación en bloques demasiado longos ao estilo de García Márquez. Esa presentación non te chama á súa lectura.
Certamente daquela había un crego en Verín relacionado con Lubián. Chamábase Santiago Rodríguez, e ata ten o seu nome nunha rúa da vila e aínda se conserva o seu panteón no cimiterio.
Tamén é certo que unha sobriña del tiña unha pousada en Lubián. Chamábase Mercedes.
Xefe, ... (ver texto completo)
Vigo?
Monsieur, vous n'êtes pas sur le bon chemin. Moi, j'habite sur les grandes montaignes, dans un petit village.
Au revoir.
Pois resulta que o médico tamén é amigo meu. Un bó amigo de hai moitos anos.
A ver se somos todos amigos, carallo!
Se este menda quixera mandar unha mensaxe personal, utilizaría un email, unha carta ou unha flor.
¿Ou non lle entra na cachucha que o foro está aberto a tódolos cheiragateiras coma min?
A miña entrada neste foro non é debida ao mensaxe de KDT, senón á invitación do ínfulas ese que pensa que un foro coma este é prácticamente da sús propiedade.
Polas pistas que da o pedante, dame que KDT e máis eu somos amigos de hai moito tempo. E imos seguir amigos deica o fin do mundo, se o mundo tivera fin algún día.
Unha boa aperta, KDT.

Saúdos tamén para ese 25 polos relatos do meu mestre BEN CHO SEY.
Este individuo é polo menos tan individuo coma vostede. Tal vez menos singular, polas ínfulas que a vostede o fan único.
Eu son da CHOZA DE LAGARELLOS, na mallada do mesmo nome, no termo municipal de Porto, onde meu avó vivía cando gardaba a vacada de Lubián polo torresmo, que así se chamaban as especies coas que pagaban os veciños, donos do gando.
A miña choza, que é de todos, non ven tendo escudo heráldico. Pero sirve como alpendre para montañeiros, excursionistas, cazadores e gandeiros, alá ... (ver texto completo)