A GUDIÑA: Estou de acordo contigo. ...

Tanto me ten que a resposta sobre Vigo fose para min ou para outro.
O caso é que as personas que presumen de máis educación tantas veces, danse por ofendidas sin ningunha razón obxetiva, e lanzan labazadas sin ton nin son.
Vexo o ben que falades francés. Non é o meu caso. Escribo máis que falo, porque en Francia non estiven máis que catro días en Coulonge Le Rouge e en Najac nunhas xornadas sobre turismo rural, e outros tres días en Bruselas visitando o Parlamento Europeo na defensa das linguas minorizadas.
Pero non o escribides tan ben. En algún caso aparece o suxeto na primeira persona e o verbo na terceira. Perdón. Isto non é máis ca unha deformación profesional.
Saúdos cordiáis.

Revisando as mensaxes do foro, hai esta do mes de novembro na que eu non caíra porque precisamente estaba na Gudiña naquela epoca, cando estou ali teño tantas cousas que facer que non me queda tempo para estes "menesteres", e non tuven polo tanto ocasión de responder. Estuven pensando se contestar ou non, visto o tempo pasado desde entón, pero visto tamén o ataque tan directo que me fas, aducindo argumentos imaxinarios, ¿cando presumín eu de educación?, ¿cando me sentín ofendido?, ¿cando lancei labazadas sen ton nin son?, e sobre todo por aquilo de que "o que cala otorga" non quero que queden sen resposta tal cantidade de improperios.
Chegados este punto vouche contestar sen eufemismo ningún. Na túa mensaxe quedan de manifesto por un lado a túa ignorancia e por outro a túa prepotencia. A túa ignorancia porque tú mesmo admites que non dominas a lingua francesa falada, i a túa prepotencia porque te permites, a parte de dedicarme as "delicadezas" que xa dixen, facer observacións sobre as supostas faltas do meu texto, cando en realidade ese texto está perfectamente escrito sen ningunha falta, nin sintáctica nin de ortografía (aí está inda pro que queira velo). A pesar de que dices que dominas a lingua francesa escrita, non tés nin p.. idea, (pido perdón o resto dos foreiros) ¿onde e que esta o suxeito en primeira persoa i o verbo en terceira,"enterao"?. Revisando o texto, pra un purista si que pode haber un error, pero nada que ver co que dices tú, douche unha pista, hay unha "i" de mais que evidentemente se me escapou ó escribir e que ti nin cheiraches xiquera porque se a viras obviamente houbérasme feito o reproche. Eu, nas miñas mensaxes procuro ser educado e non faltarlle o respeto a ninguén, aí están para velas, pero cando me pisan no callo como é o caso non me queda mais remedio que gritar. E certo que a veces digo algunha frase con ironía e que a ironía e difícil de plasmar no escrito, como a de Vigo, que para nada iba dirixida a ti, de feito para quen iba dirixida aparentemente aceptouna como tal porque non fixo ningunha reflexión. Espero que o tempo pasado che permitira recapacitar e pensar que os ataques persoais neste tipo de foros sobran, se non fose así síntoo por ti.

Estou de acordo contigo.
Mirei mal. Ao revisalo "Je n'ai jamais dit" está perfectamente escrito. Lino de corrido e non me decatei de que "dit" non é a 3ª persona do presente, senon o participio do ´pasado composto.
Agora ben: teño que decirche que nunca pensei que estaba a ofender a ninguén. Se foi así, perdón, porque nada máis lonxe da miña intención.
Unha aperta.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España