Estaba unha pita escarbando no camiño tranquilamente, a raposa que a vigilaba pega un pulo e a engancha polo pescozo, a pita media afogada suplicaba que a deixara, que salira un momento a escarbar co fin de espantar os piollos, pero que no poleiro tiña unhos cuantos polos que atender, xa van indo grandes, dentro de unhos días veis e xa tos saco para fora é nos comes a todos, preferimos morrer xuntos.
Despois foi, pero levóule unha cadela con cadeliños pequenos en lugar dos polos. A raposa iba escapando, correndo todo cuanto podía e decía:
Arriba pernas arriba zancas, que en este mundo todas son trampas.
A raposa e mui lista, pero tamén ten os séus problemas.
Outra vez era unha gata, veu a raposa pra a ooller é dixole a gata:
-Mira, deixame que ahora vein as matanzas, e levóle as frebas as mulleres y engordo, volves dentro de unhos días.
- Sí, pero despois non te agarro!
- Claro que me agarras, eu hei salir a mexar, e collesme.
Pasaban os días, a raposa espera, espera, pero a gata na ventana, mirando pro camiño tan tranquila, o ver que non saía a gata, dixole a raposa:
- ¡Anda gatiña! sai, ven a mexar!
- y ela contesta:
-Non, ahora meixo en casa.
... (ver texto completo)