Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán (1.896-1.988). Estivo na guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra ao diario ourensán "La Zarpa" co seudónimo "Ben-Cho-Shey".
No 1936, sendo inspector de Educación en
Lugo, presidía o Partido Galeguista. Foi por iso supendido de emprego e soldo durante tres meses e desterrado a
Cáceres. Logo trasladouse definitivamente a
Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG).
... (ver texto completo)