OS VILARES

Habitantes: 600  Altitud: 505 m.  Gentilicio: Vilaregos 
Hoy amanece en OS VILARES a las 07:41 y anochece a las 21:19
Nº fotos: 60  Nº mensajes: 30 
Puedes completar o corregir la información publicada >>

Situación:

San Vicenzo de Os Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2007 tiña unha poboación de 600 habitantes (284 homes e 316 mulleres).

O seu nome ven do latín villa, villaris, que significan casa de campo, granxa ou poboación respectivamente.

A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence ao Bispado de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Consta das siguintes aldeas ou lugares: A Ación de Riba |A Ación de Baixo | Os Ares | O Barreiro | Berulfe | O Cancelo | A Casa Nova de Vilariño | As Casas Vellas | Os Castros | A Chousa Grande | Cibreiro | As Costoiras | As Mourelas | O Coto | Drada | O Fagundo | A Forcamuniz | O Gorgulfe | O Laxoso | Lea | Liñarede | Malde | Os Manchás | O Mato | O Meao | O Merendeiro | Nandulfe | Novás | O Pazo | A Pena de Roldán | A Pena Fachada | A Pena | O Pico Farelo | Os Ramos | A Reboira | Rego Pequeno | As Reixas | Requeixo | A Ribeira | San Miguel | O Tarrelo | A Tiñaz | A Tolda | O Toxo Brañío | Vilarchán | Vilargabín | O Vilariño | Vilasuso

Ayuntamiento:

Gutiriz, que consta das parroquias de: Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

Monumentos:

A igrexa de San Vicenzo dos Vilares ten no seu adro un fermoso calvario de finais do século XVIII da autoría de Felipe de Sá, canteiro da veciña parroquia de San Salvador de Parga.

Na aldea do Vilariño desta parroquia naceu en 1914 o poeta Xosé María Díaz Castro, autor de Nimbos, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas no 2014; no lugar de O Pazo, preto da igrexa e ó lado dun cruceiro, ten un busto en granito que aparece nunha foto, feito por Raul Río Diaz, aínda que non é certo que sexa a única escultura pública da parroquia como Afirman Jenaro Pérez e Yasmina Seijas no seu libro “Tras las huellas de la cultura y del medio natural de Guitiriz” xa que existen outros baixos releves de un demo e de Castelao na Pena das Grallas, feitos polo mesmo autor en 1985 e 1986 respectivamente, cerca da aldea da Tiñaz. Tampouco é certo que o autor sexa natural de Bilbao (e nin sequera vive alí) como se da a entender no citado libro.

Fiestas:

O sábado e o domingo máis próximo ao 22 de xaneiro celébrase a festa do seu patrón, San Vicenzo, e o domingo e o luns de Pascua celébrase unha festa en honor a Virxe dos Desamparados. Despois da misa sae a procesión polo adro e dá a volta ó redor do seu calvario. O segundo domingo de agosto celébrase na carballeira do Cancelo a Romaría Labrega da Chaira.