BAAMONDE

Habitantes: 358  Altitud: 450 m. 
Hoy amanece en BAAMONDE a las 08:18 y anochece a las 20:53
Nº fotos: 12  Nº mensajes: 5 
Puedes completar o corregir la información publicada >>

Situación:

Su ubicación geográfica está en el punto justo donde desemboca la N-634 con la N- 6. A escasos metros pasa la A-6 autovía de Madrid a A Coruña, y donde también desemboca la Autovía do Cantábrico, A-8 o E-70.

Monumentos:

Una curiosidad que no debes de dejar de visitar es el castaño que se encuentra en el atrio de la Iglesia. Es hueco y tiene esculpida una capilla o altar de la Virgen del Rosario, patrona de la localidad aparte de Santiago. Su autor es Victor Corral, eminente escultor de la localidad.

Fiestas:

Fiesta del Rosario: 1º o 2º semana de Septiembre

Historia:

Baamonde ostentou desde tempo inmemorial simultaneamente dous escudos: un, con campo axedrezado de quince cadriños en branco e negro e parece datar de 1400. O outro, de uso moito máis frecuente, ten orla de sete troitas e no centro M coroada.

Quere a tradición que un Baamonde, participante na batalla de Clavijo, sacou dunha canasta sete peixes prometendo matar outros tantos mouros. Como queira que logo presentara ó Rei sete cabezas de inimigos mortos, os sete peixes pasaron a figurar no seu escudo. E logo, indo cunha embaixada a Inglaterra, namorouse e casou cunha princesa chamada Milia. E o Rei agregou ó seu escudo un M coroado: M, por Milia e a coroa por ser Milia de sangue real.

No S. XIV a fortaleza de Baamonde, nas terras de lucenses de Begonte, era unha realidade viva e activa. Estivo a súa historia ligada a unha xinea homónima na que prelados e cabaleiros foron as figuras máis destacadas, os cales ciscarían os seus sartegos mortuorios polas terras de Melide, polas de Sobrado dos Monxes e polas propias onde se ergueu esta edificación. A lenda tamén fica entre as paredes dunha torre desaparecida, onde unha dama británica, chamada dona Milia, deu explicación a parte das armerías desta liñaxe lucense, amplamente estendida por todos os territorios galegos”

Cóntasenos no nutritivo preito Tabera-Fonseca, nunha parte do seu interrogatorio e sendo a testemuña preguntada Afonso López de Gaibor, que: " (...) dize que los alcaldes y gentes de la dicha hermandad de la dicha çiudad e tierra de Lugo fueran de la dicha çiudad a derrocar la fortaleza de Bande, que hera de Fernán Díaz de Ribadeneira (...); e la fortaleza de Ansián, que dezían que hera al tienpo del conde de Trastámara; e a Tamoga, que hera de Fernán Sanjurjo, alcalde de Villalba por Diego de Andrade; e la fortaleza de Baamonde, que hera de doña Maior de Baamonde (...)". Velaquí que, coma en tantos lugares da Galiza dos anos 1466 e 1467, diversas bisbarras lucenses padecesen na súa historia a pegada –destrutiva no patrimonio medieval e construtiva na liberación dos gravames señoriais– da insurrecta irmandade galega, famenta de xustiza e incómoda por soportar nos seus endurecidos pescozos o xugo opresor do señor feudal. Así caeron unha tras outra fortalezas de historia e monumentalidade, vencidas por quen as mantiñan ergueitas a base de tributos. Unha de tantas á que lle tocou o azoute de castigo foi a de Baamonde, localizada no que hoxe son os termos municipais de Begonte, e máis precisamente na freguesía homónima á fortaleza que leva por patrón ao lendario caudillo da batalla de Clavijo.

Patrimonio arquitectónico agroma en riqueza por esas terras, e non só no tocante ao románico relixioso, senón incluso tamén coas construcións civís de diversas temporalidades, das cales gozamos de ver fincadas –tal testemuñas vivas doutros instantes– o pazo de Gaibor, onde se perciben as armas dos Baamonde nunha das súas labras heráldicas, ou a torre do Souto. Aparte disto, de contemplarmos a excelente obra Palos, Fajas y Jaqueles –da autoría de Eduardo Pardo de Guevara, interesante en achegas investigadoras, e ilustrado por Xosé Antón García G. Ledo– saberíamos que as armas propias desta liñaxe foron, na súa orixe, os xaqueis de prata e gules, as cales mudarían bastante, ou mellor dito evolucionarían, logo do S. XV, introducíndoselle unhas serpes que contornan os seus brasóns, un "M" que se sumará aos seus campos e unhas orlas de peixes que igualmente decoran e informan dunha tanxible fusión de armerías (tal e como nos tería asegurado o devandito historiador).

Non sabemos cal foi a icnografía do antigo edificio dos Baamonde de Begonte, nin que tipos de volumes se erguían, nin o sistema de cerrumes que posuíu. Tampouco coñecemos se unha pedra heráldica dunha ou doutra tipoloxía campou nos lenzos desta fortaleza medieval; unicamente estamos informados de que no devalo do S. XIV a construción castrense estaba en activo e, segundo parece, disque "do trinque". Aínda que isto último, o de ser unha obra nova construción, deixarémolo entre aspas; en non poucas casos se nos ten achegado que certa persoa construíra un determinado edificio cando o que en realidade realizara era unha reconstrución do mesmo; como se deste xeito se quixese reciclar a historia ao igual que se reciclan os monumentos.

Alén deste comentario, cómpre agora aproximar que o responsable da "construción" da fortaleza de Baamonde non foi outro que Martiño Vázquez de Baamonde, marido de Maior Mártiz (ou quizais Martínez), fillo de Vasco Pérez de Baamonde e sobriño de Ares Vázquez (I). Estes últimos adiñeirados homes, tiveron a súa biografía ambientada na segunda metade do S. XIV, e exactamente coincidindo co cambio de dinastía monárquica; isto é, cando Henrique II de Trastámara, ademais de lle raspiñar a coroa de Pedro I "O Cruel", asenta a súa vida na poltrona deste soberano. Mais non serían ambos irmáns axentes pasivos deste episodio da historia. Comenta Pardo de Guevara que os Baamonde retaríanse cun par de escudeiros zamoranos chamados Lopo Núñez de Carvalledo e Martiño Afonso de Lousada, os cales seica estaban baixo as ordes do rei cruel (que non vía con bos ollos a eses cabaleiros galegos). Logo da confabulación e traizón rexia, non sobrevivindo Ares Vázquez (I) das infames artimañas do D. Pedro I, Vasco Pérez, armado coa súa coiraza e co seu destemido valor, arrebólalle a seguinte declaración ao monarca castelán: "Señor, ¿qué justicia es esta?". E, xa que o mesmo non lle respondía, continuaría dicindo: "Caballeros de Castilla e de León, pésevos de lo que vedes que el día de hoy se sufre en presencia del rey nuestro señor, que se ponen armas escondidas en el campo para matar a los que entran en él asegurados del rey por defender su fama e su verdad e su linaje".

Por mor do acontecido, o sobrevivente fidalgo galego toma a determinación de deixar de renderlle fidelidade ao lexítimo soberano e, trocando de bando político, entregaralla a continuación ao monarca pretendente. Mercé desta viraxe, algo de proveito resultou desta empresa: doazóns por parte do conde don Pedro, que viñan a ser varios patrimonios polas terras de Outeiro de Rei, e a subseguinte confirmación rexia (do agora Henrique II), exactamente en 1377. Casaría don Vasco con dona Milia Pérez de Castro –quen descendía de don Pedro Fernández de Castro, "o da Guerra", e de dona Beatriz de Portugal. Desta dona Milia xurdirá a lenda dunha princesa homónima (noutras voces disque chamada María), que tiña a súa nación polo arquipélago británico e que lle dá razón ao "M" –do cal se falou anteriormente– que se grafa nos heraldos que lles son propios aos Baamonde, aos Sanxurxo e aos Montenegro.

Da fabulosa Milia e de Vasco nacerían o xa citado Martiño Vázquez Baamonde, Constanza de Baamonde e outra dama de fermosísimo nome galego (que en castelán equivale ao non tan acaído Ilduara) Aldara Vázquez de Baamonde, dos cales a continuación iremos dando algún apuntamento histórico. Do primeiro desta proxenie poderemos sinalar que –ademais de "construír" a fortaleza da súa liñaxe– sería soterrado ao igual ca súa muller no mosteiro de Sobrado dos Monxes. Dela tería varios fillos, aínda que testemuñamos como seguros aqueles denominados Ares Vázquez (II) e Pedro Arias de Baamonde. Abrindo a segunda póla xenealóxica que xermola de don Vasco e de dona Milia cómpre sinalar que Constanza de Baamonde (alcumada por momentos como da Insua), contraería nupcias cun personaxe destacado daquel entón, D. Xoán Núñez de Isorna, dos cales ha nacer o prelado D. Álvaro Núñez de Isorna e Mendaña. E no referente a aquela chamada Aldara só temos a ben anunciar que, malia que non sabemos do nome do seu marido, sería a nai de Alonso Vázquez de Baamonde (quen repousa en terras de Melide).

Turismo:

Centro Recreativo Cultural y Deportivo de Baamonde (CERCUD): Tiene una excelente playa fluvial con mesas y bancos; tambien tiene un campo de futbol 7 y aseos independientes para hombres y mujeres
Casa-museo de Victor Corral: Esculturas de madera, marmol, miniaturas...