"Sempre pola vila entraba
Con aquél de señorío".
Rosalía Castro
Dendes do Lérez lixeiro
Ás veigas que o Miño esmalta,
Non houbo no mundo enteiro
Máis arrogante gueiteiro
Que o gueiteiro de Penalta.
Sempre retorcendo o bozo,
Erguida sempre a cabeza,
Daba de miralo gozo.
Era un mociño... ¡que mozo!
Era unha peza... ¡que peza!
Despois do tempo pasado,
Pasado pra non volver,
Como on profeta ispirado,
Inda mo parece ver
Na festa do
San Trocado.
Calzón curto, alta monteira,
... (ver texto completo)