O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade para choca-los seus ovos e mante-las súas crías, se cadra porque a súa posta é tan abundante -de oito a doce ovos- e o apetito da prole tan voraz que unha parella por si soa non abondaría para abicadala.
Por iso o cuco non se toma o traballo nin de face-lo niño. Chegado o intre da posta, espreita ao redor aos paxariños que se afanan na construcción dos seus niños e, unha vez rematada a obra e cos oviños dentro, o cuco empeza a esparexe-los
... (ver texto completo)
Inda, pasmada me deixas con eso de que cambian de
color os ovos, penséi que sólo cambiaba de color o camaleón e xa eso me asombraba. ¡Qué maravilla a
naturaleza e qué intelixente o Creador! Como mai que son, podo entender que a cuca faga cualquer cousa pra protexer a sua prole, o que me costa máis entender é o de que os abandone, moi mal se ten que ver, a pobre, pra facer eso; e qué sufrimento debe pasar por non ver nacer nin criar os seus filliños, doime na alma...