O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. ... (ver texto completo)
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.