LUBIAN: ESTE RETRATO BEN MERECE UN RELATO...

ESTE RETRATO BEN MERECE UN RELATO
Non foi no caño da Cruz. Foi na canadiña das Corgas, vindo un día do Lombo do Muiño.
Esparexido o prado que dá cos fociños no Pozo Negro, ó lado do salto, o tío Prefeuto e máis eu subimos pola canada do Lombo do Muiño ata a caldeira que ven desde o fondo do Carballal dos do Saro. E viñemos, moi de vagar, polo cabalete. Collimos logo a caldeira das Corgas e, cando subiamos pola canadiña cara a canada da Pía, baixaba apresurado cunha aixada ó lombo o amigo Piño.
Iba pouco que limparan as cerras, e o chao da canadiña andaba cheo de guizos e garabullos.
O caso é que o Piño, que xunto co Martín (ó que lle desexamos unha recuperación que o traiga de volta con nós) eran os mozos millor feitos e plantados de toda a contorna, según os consellos que sempre me daba o meu avó; como viña dicindo, o Piño alá enzaraballóu as pernas entre os garnanchos de sabugueiro que andaban polo piso da canadiña, e si non foi ó chao, foi gracias á súa mocedade e a súa pericia.
--O que é a edade-- comentóu mentres evitaba a zapucada.
E o tío Prefeuto coleóu a cabeza mentres soltaba unga sonora gargallada. E logo dixo:
--Este sí que é un bon mozo, rapaz. Mira que saídas ten. "O que é a edade!"
Espéllate nel pra cando sexas mór. O que é a edade. Claro que el tamén ha chegar a mexar na punta dos zamancos, carallo.