OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares",...

O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. O mestre fai ver non darse conta do que está a pasar, pero cada vez vota o fumo máis ao pé del de xeito que Xareliño vese obrigado a ir cúa súa boca en busca do fumo máis preto deste, recólleo e logo bótao como si él tamén fumara. Cando o mestre o ten do xeito que estaba a procurar, solta unha bocanada longa e moi a modiño, ó prepararse Xareliño pra cazalo o mestre aconchégalle un sopapo que ó atopalo coa boca aberta ten unha reverberación sonora moi especial. Faise o silencio, ninguén di nada, o mestre tampouco.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.