Aquela mañanciña saíron cedo de
casa, pai e fillo á cabalo do xumento, cara á feira da Mezquita.
O meniño ía máis alegre ca unhas pascuas: era a primeira vez na súa corta vida que viaxaba fóra da aldea. Facía falta unha boa
vaca na casa, que a Corala xa viña sendo vella e había que quitala.
Na feira había pulpeiras, botando fume os seus caldeiros de cobre, moita xente,
carros,
vacas, burros...
Foi moi doado vender a Corala, camiño do matadoiro, porque o pai ben sabía que moitos cartos xa non
... (ver texto completo)