LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

A VILAVELLA: Aquela mañanciña saíron cedo de casa, pai e fillo á...

Aquela mañanciña saíron cedo de casa, pai e fillo á cabalo do xumento, cara á feira da Mezquita.
O meniño ía máis alegre ca unhas pascuas: era a primeira vez na súa corta vida que viaxaba fóra da aldea. Facía falta unha boa vaca na casa, que a Corala xa viña sendo vella e había que quitala.
Na feira había pulpeiras, botando fume os seus caldeiros de cobre, moita xente, carros, vacas, burros...
Foi moi doado vender a Corala, camiño do matadoiro, porque o pai ben sabía que moitos cartos xa non se podían sacar daquela pobriña vella que tanto tiña feito pola casa.
Tomaron logo unha ración de polbo da Chata de Verín, que ao neno lle soubo á gloria bendita, e de vagar foi o pai achegándose á aquelas vacas de bo ver entre as que tiña que escoller a que máis lle conviñera para o arreglo da casa.
Miradas todas dende lonxe, fóronse acercando a unha rubia galega moi ben plantada e cun amoxo exuberante. O labrego iniciou o trato co tratante, e comezou rexistrar con xeito aquela vaca. Mirou ben mirada a súa boca, aqueles dentes todos sans. Os cornos moi simétricos. Palpou o testuz para comprobar se estaba afeito ás molidas e ao xugo, fíxolle unhas muxigangas diante dos ollos por se había algún resaibo... E cada vez estaba máis convencido de que aquela vaca tiña que ir para casa con eles.
Daquela baixouse ao amoxo, palpando e examinando sen présa aquelas tetas...
--Papá, porque fas iso? --preguntoulle o rapaz.
--Palparlle-las tetas? Temos que comprobar que as ten todas ben, que non ten ningunha tolleita, que sexa doada de muxir e que nos dea moito leite.
O neno miraba e aprendía para o mañá todas aquelas cousas que o pai ía facendo.

Meses máis tarde andaba o pai arando nunha leira con aquela marabillosa vaca máis unha novela que había que amansar, cando chegou o fillo a todo correr.
--Papá, papá! Veña correndo á casa, que o cura, don Rodolfo, quere comprar á mamá!


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España