PEREIRO O SAN PEDRO: Barxes. Fai bastante tempo que non tiñamos noticias...

Quero darlle os meus paravens a Gel, por o ben que describe as tarefas que de pequenos facíamos todos os que nacemos no rural, quen non tivo vacas magotes de cabras e ovellas e todo tipo de animais. Lembro cando tiña 14 anos cando no pobo tiñamos entre todos os veciños 350 entre ovellas cabras, se coidaban cada dia do mes segun o numero de rexelos que cada un tivera, lembro que cada dia se tocaba a bocina para unha parte do pobo para onde poidera sair o magote a bocina ou corna, era en realidade unha caracola do mar, tamen lembro os dous cans mastins grandisimos que tiñámos para defender o rabaño do lobo, cada veciño o dia que lle tocaba coidalas tiña que manter os cans, había alguns que lle daban pouco de comer. Un dia do mes de xaneiro do ano 1972 coidandoas eu e meu irman maior, o lobo o voltar para casa a noite atacounos o rabaño e matounos unha cabra nova "CABRITA", porque os cans xa se viñeran para o pobo, os chamamos asuviando por eles e veo rapido un que lle chmavamos León e deolle unha boa carreira o lobo que soltou a cabrita, que xa tiña o pescozo furado e as tripas fora. O lobo sempre a mañá atacaba o rabaño por diante por que sempre algunhas van muy avanzadas na dianteira,é pola noite por detras as que veñen rezagadas na traseira, no caso que nos pasou a nós o can foi tras do lobo ata os prados do Tameiron pero o lobo sempre aporbeitaba situacións de descuido ou cando non estaban os cais co magote.
Estas lembranzas no se esquecen nunca como as de cando parian no monte e tiñamos que traerlle o cordeiriño ou o cabritiño o seo dono no colo, é como cada unha apartaba para a sua corte sen que naide se puxera no medio etc.
Un saudo a todo foro.

Barxes. Fai bastante tempo que non tiñamos noticias túas, tamén me gustan as historias que nos contas.
Teis que asomarte máis a mehudo a esta ventana de Internet, como non somos moitos os que escribimos en estos foros, se nota rápido cuando algún colle as "vacaciós algo largas."
Un saúdo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigo Piño: non me esquezo de vos, o que pasa e que hay semanas que un ten mais traballo que outras.
Lembrate que falta menos para o econtro de agosto que a ningun dos bos foreiros se lle esqueza, copiando de ti tamenlle adico esta copla os foreir@s deste foro.

Arrieiros so os homes
arrieiros os homes son;
levan amor feiticeiro
cravado no corazón

Avida do arrieiro
no hai vida como ela; ... (ver texto completo)