bueno eu creo que o importante do galego e falalo mais ben ou mas mal cada un que o faga o millor que poida. Un saudo.
Douche toda a razón Pili, o importante é falalo e, aínda máis importante, seguilo falando. Mostra desto é o feito de que o galego sobrevivíu gracias a que nas aldeas se falou sempre, en cada lugar da súa maneira, e cada un debería de sentirse orgulloso do galego que lle ensinaron os seus pais, en non calificalo de un "castellano mal falado". A variedade de dialectos dentro do galego, o único que fai é enriquecelo, e anque hoxe haxa unhas directivas a seguir, o galego que se fala nas Rías Baixas e tan auténtico como o do interior. Ninguén debería sentir vergoña de non saber algo que nunca lle ensinaron, como foi o aprender a escribir e falar ben a nosa lingua.
Non creo que hoxe os "riquillos" falen máis galego, a maioría aínda siguen pensando que son "máis grandes" falando castelán. O que está a pasar é que canto máis alto é o nivel cultural das persoas, máis se está a valorar a riqueza da lingua, e xa non é só "cousa de aldeáns". Benestar e cultura non medran paralelos.
Dito sea de paso, hai anos o galego non era considerado como idioma oficial, non se falaba en institucións públicas e non se ensinaba nas escolas, pero tampouco había unha lei que prohibira falalo nas casas ou na calle. Por tanto, a maioría dos "ricos" e a maioría dos "da capital" non o falaban porque non querían, prácticamente igual que hoxe.
O outro día ensináronme unhas expresións en galego que non coñecía:
O galego non di que ten diarrea, di: "teño o cu que vota lume".
Non di que está cansado, di: "estou feito unha merda".
E que digan que non é fantástica a NOSA lingua.
... (ver texto completo)