Dende o día de antes, a tía Maximina xa estaba nerviosa co viaxe a
Zamora pra darse a ver aos médicos dun problema que viña arrastrando nunha perna facía xa un ano. Primeiro hasta Puebla na linia dos Guerra, noite na
fonda da Pascasia pra seguir ó día seguinte na empresa Vivas hasta Zamora, aquelo era un martirio nada doado de levar. Sempre que viaxaba acababa mareándose, e ela xa se preparaba cunha bolsa plástico polo que podera pasar. Atrás quedara Otero de
Bodas, Tabara, Pozuelo e chegando ó
embalse ... (ver texto completo)