Andan contando por aí que, hai xa uns trinta anos, un veciño meu recibiu a visita dun
amigo de Castrelos, xa polo luscofusco, que ía de camiño a pé para súa
casa.
O veciño convidouno a cear, pero dixo a muller:
--Eu só fixen cea para dous.
--Onde comen dous, comen tres --sentenciou o patrón.
E así foi. Repartiron as dúas cuncas de caldo requentado en tres, cunha cacetada máis de augua quente, unha codia de centeo, e cea feita.
Ao acabaren de cear, o de Castrelos quería porse en camiño, pero
... (ver texto completo)