LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

A MEZQUITA: Eu credo que a Vilavella que ti dices, ten que ser...

Mi nombre es Ramon E. dapena Vidal soy Puertorriqueño de nacimiento y ciudadano de España residente en La Coruña. Busco el lugar de nacimiento de mi antecesor Tomás Dapena López, nacido en "Vilavella, Obispado de Mondoñedo" para los años 1740-1760 (según lee su acta de defuncion). Lo he buscado allí y no aparece su acta de nacimiento por lo que pregunto si el Obispado de Mondoñedo se extendía entonces hasta A Mezquita y si era así, ¿con quien podría comunicarme para realizar una búsqueda en los archivos de la Parroquia de Vilavella?- Gracias a quien tenga la atención de echarme una mano. Fdp. Ramón E. Dapena Vidal

Eu credo que a Vilavella que ti dices, ten que ser outra, cerca de Mondoñedo, xa que denantes, a Vilavella era da xuridixión do bispado de Astorga. Ollo o Can En 1353, nun despacho librado polo Bispo, xa figura a parroquia no arquivo Diocesano de Mondoñedo, coma podemos comprobar na páxina 166 da obra de don Enrique Cal Pardo, transcripción íntegra dos documentos, Diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo”, Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico, Santiago de Compostela 1999. No documento da época a Sancte Marie de Vilavella”. No Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, consérvase un documento medieval con data 19 de Febreiro de 1488, realizado en Santiago de Compostela. recóllense as aportacións económicas que as parroquias da nosa diócese fixeron ós Reis Católicos para a batalla da conquista de Granada. Entre as parroquias citadas aparece Santa María de Vilavella e As Pontes pertencía ó Arciprestado de “Çedeyra”. Este documento “instrumento público do xuiz-comisario e subcolector apostólico do Reino de Galicia da “décima” ou subsidio, imposto nos reinos e señoríos de España, con destino á Guerra de Granada”, amósanos que non fomos alleos a historia de España, e ó momento no que xudeos e árabes foron botados fóra O 6 de Setembro de 1754, o Bispo da Diócese don Carlos Riomol y Quiroga, visitou a parroquia de A Vilavella, rexentada por aquel tempo polo párroco “Dn Phelipe Ygnozente Piñeyro”. Había outros cregos na parroquia que eran naturales de A Vilavella. Esto axúdanos a datar a imaxe de San Andrés de Vilavella, e ese dato quero adicarllo Existían, segundo esa visita do Bispo que se conserva no libro de visitas episcopais do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, tres cofrarías que eran as do Santísimo, Nra Señora, e Ánimas. A través dun libro de visitas episcopais anterior, que se conserva no Arquivo Nacional de Madrid e microfilmado no Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, o 7 de Maio de 1614 o bispo mindoniense Dn. Alfonso Mesía de Tovar visitou a Igrexa da Vilavella, e ordenou obras nela. Esa era a Igrexa vella, da que quedan soamente o retablo e varios dos santos. A nova –como veremos- levantada cara ó 1800, é outra historia e non tén a antiguedade que don Enrique lle atribuía polo estilo dos ventanais laterais. Don Enrique, con todo o esforzo e boa fe do mundo, non tivo ocasión de revisar os datos de fábrica arquiveiros diocesanos don Enrique Cal Pardo e don José María Fernández. Como xa dixen anteriormente só se conserva un libro de fábrica, e comeza no 1851, pero a Cofraría das Angustias e Dores de A Vilavella. No 1777 o cura de Vilavella era Dn Luis Antonio López de Romero. Se nos achegamos á Igrexa de Vilavella, O párroco de Vilavella, Dn Luis Antonio López de Romero asina con D Bitonido Barro (cura de San Martín de Goente e San Xoán do Seixo) unha indulxencia concedida dende Roma, e aprobada polo Comisario Xeral de Madrid, don Josef García Herreros, escribano de Cámara en Madrid, “Caballero de la Orden de Carlos III, Canónigo y Dignidad de la Stª Metropolitana Yglesia de Valencia del Consejo de S. M. y Comisario Apostolico General de la Santa Cruzada” o 28 de Febreiro de 1789, concedendo parabéns a quen visitara esa parroquia no día de “San Silbestre Papa”. Esto nos fai comprender por qué san Silvestre está na Capela do Carme e a súa Dn Luis Antonio López de Romero, crego párroco; Dn Bitonido Barro, crego de San Martín de Goente e Sn Jnº do Seixo; Dn Josef Domingo Paz, sacerdote, veciño de Xermade; Dn Ramon Gonzalez, sacerdote, veciño de Roupar; Dn Diego Arias, sacerdote, veciño de Piñeiro; Dn Juan do Souto Mesia y Alfeirán, sacedote, veciño de As Pontes (emparentado cos Alfeirán da capela da Misericordia de Viveiro); Dn Genaro Bentura Ledo, sacerdote, veciño de As Pontes. Eses eran cofrades fundadores cregos, pero a continuación dase un listado de 156 cofrades legos. Na parroquia había unha gran festa que se denominaba “Epifanía de Sn Andrés de Agosto”, como queda anotado no 1795, e no 1805 dísenos que se celebraba o último domingo de”. En En 1798 aparece nas contas da Vilavella un prateiro con moita presencia na diócese, Vicente Jerónimo Varela, era mindoniense, e probablemente traballaron varios con él, dada a grande cantidade de obras, e dado o amplo círculo en que a súa obra está presente, o que fai sospeitar a obra dun pai e dun fillo (dende 1784 ata 1831). En 1798 aparece “560 reales Alajas de plata dela Yglesia al Maestro de platero Dn Vizente Geronimo Varela vecino dela Ciu (d) de Mondoñedo, según consta del Libro de la fabrica de la quenta”. En 1821 apórtanse 100 reais para pintala imaxe da Virxe, e tamén para o mesmo se aportaron 66 reais no 1824, e no 1823 apórtanse 50 reais para as andas da imaxe da Virxe, que realizará o carpinteiro Jacobo do Souto. O feito de que as cofrarías tiveran gado, deixannos datos moi curiosos das feiras ás que acudían na época. A partires de 1851 os datos nos veñen aportados polo libro de Fábrica da parroquia onde figuran os seguintes datos salientables: 1851 Constrúense as portas do cementerio, as tarimas para os altares, bastidor do coro; constrúense confesionarios e arránxase unha campá. O carpinteiro desta obra foi “Bentura Gonzalez”, que cobrou 360 reais. José Martínez cobrou 110 reais por compoñer esa campá no seu cepo “y cigüeña, pintura y herraje”.1852 Adquírense vidrieiras para as ventás laterais. 1853 Paviméntase con baldosas a Igrexa e a sacristía. Constrúese un muro de pedra pechando o adro da Igrexa. Fanse as portas novas para o coro e a sacristía. O canteiro de essa obra foi Manuel Fdez, que cobrou 550 reais polo baldosado e 155 reais polo muro do adro. 1854 Blanquéase a Igrexa. Fanse bancos novos e relousase a cuberta.. Estivo almacenado nunha casa particular no que o recollín no ano 2003, barnizouno e arranxouno Manolo Antón, e por decisión do Equipo Pastoral foi colocado na Igrexa de A Vilavella).1883 Mércase a lámpada maior (funcionaba con carburo), apórtanse 220 reais para ela dende a fábrica da parroquia (ver artigo sobre o roubo da lámpada de prata de As Pontes, ó final aparece unha foto desta).1900 Retócanse de novo as pinturas do lienzo do monumento. 1909 “el albañil Jose Barro vecino de Ribadeume por dar blanco interior y exterior, reparos de cal y pinturas del friso de la Iglesia”. Nese ano mércase tamén unha lámpada de metal amarelo. 1909 Págaselle ó prateiro Don Antonio Medina 80 reais por dourar e facer reparos de consideración á Cruz Parroquial. 1912 O ferreiro Manuel Cabada realiza a verxa da nova pila bautismal. 1918 Don Antonio Mosteiro “Maestro de obras de la Villa de las Puentes”, percibe 2.100 pts pola bóveda da Igrexa en conxunto co coro. si reunía as condicións para ser aceptada, a xuizo dos tres veciños desta parroquia José María Formoso Chao, José Formoso Fraga e Andrés Rivera García. Respondería da firmeza das obras por dous anos contados dende o día da entrega e aceptación do conxunto das obras, sendo en todo este tempo de obriga do mestre tódalas reparacións que teña que facer nas obras de que agora se facía cargo. responsabilidade o mestre Ese documento firmouse en Santa María de Vilavella a dez de febreiro de mil novecentos trinta e cinco. En Xullo de 1996 o Arquitecto Diocesano D. Antonio Bouza Pita, leva a cabo a tarefa do arranxo do templo, baixo costación diocesá. Tíñase falado nalgunha ocasión previa do seu traslado ó “Canal Catro”, pero os veciños non aceptaron o traslado do camposanto. O seguinte texto, é un fragmento da presentación que este arquitecto fixo no seu día do “Estado actual e intervención propuesta”, que me pareceu interesante que fose aquí recollido:“El conjunto del atrio, templo y cementerio anexo de la iglesia de Vilavella sito en las inmediaciones del complejo industrial de las instalaciones de depuración fabril de ENDESA, en torno a su antiguo camino de acceso, constituye la única preexistencia edilicia del nucleo parroquial de Vilavella


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España