Nos meus tempos mozos, coma tantos outros e outras, fun actor de
teatro. Nunca esquecerei aqueles tempos, aqueles ensaios na
Casa do Pobo, aquelas funcións no noso pobo e noutros pobos da bisbarra...
Unha das comedias das que hoxe me lembro é "O Pauto", de Xesús Pisón. Había un bispo doente, deitado no leito, con tres menciñeros danzando ao redor, na procura dun diagnóstico.
O bispo era este servidor. Vestía un camisón longo, xa que estaba no leito, e un gorro de dormir, e non paraba de queixarme
... (ver texto completo)