Como sempre, e un pracer ler os vosos contos. Tiña unha boa reserva amontoada, que me veu como bálsasmo refrescante nesta costa arriba de retomar a rutina diaria, despois de pasar unhas semanas por terras galegas, cá morriña ainda fresca e na retina retidos restos dos contrastes verdes dos montes có amarelo das xestas e o rosado das queiroas.
Lendo o conto dos noventa graos, veúseme a mente o Toñito, persoaxe dunha historia que me contou meu pai, e casi diría con certeza que estamos a falar do ... (ver texto completo)
Nos comezos das obras da estación do ferrocarril de Lubián, ó igual que moitos outros homes da comarca o noso personaxe achegouse a obra a pedir traballo.
Naqueles duros tempos as xornadas eran de dez ou doce horas, e as remuneracións eran as mínimas que os contratistas se vían obrigados a pagar. Pra ir collendole as medidas a situación, aquel mesmo día xa quedou a probar. Durante toda a xornada, o capataz, un foguinas vido de Murcia, anduvo a procura del con tal de telo baixo presión, era o xeito ... (ver texto completo)
O impulsor da dieta mediterránea! O mesmo. Érache o home do saco doutras bisbarras.
De el decían en Puebla as mozas:
--Que feo es ese tipo, pero que pelo más bonito tiene!
Polo menos iso contaba el. A min aquelas guedellas rizadas casi me metían medo.
O éstrano é, que naquel mesmo intre non intentara vendervos a criatura resultante da súa cuberta polo garañón do tío José.
Daquel home tan chocante circulaban por Lubián moitas e enrebesadas historias, unhas certas outras lendas e outras sinxelamente mentira.
Dos máis vellos, sempre oín contar aquela na que en un dos moitos días que se achegaba a Lubián pra mercar, e debido á falta de liquidez, xurdiu de venderlle o tío Xico un suposto vitelo de poucos días que tiña na corte. O trato cerrouse e ... (ver texto completo)
Nos meus tempos de labrego tiven ocasión de vivir acontecimentos e anécdotas que só se dan nesa vida de vagar, onde o tempo ía pasando despacio, mentras regresabas montado no carro, pola Rozada arriba, de volta dunha xeira de sementeira, guiando desde atrás aquelas vacas cargadas de pachorra...
Tiñas tempo ata de ver desde Valdiores o espantallo de Pingadelo danzando unha muiñeira cunha corza na Veiga Forcado, antes da queima.
Por riba dos bebedoiros do Sotelo alcanzounos o Maurilio de Castrillos, ... (ver texto completo)
Comecei o meu servicio como Guarda das fabas na Estercada. Foi unha mala entrada ó ser requirido pra este cometido cando as fabas xa levaban sembradas varios días, as merlas e outros paxaros que viñan dun crudo inverno, non esperaron a que naceran e desenterraron as sementes pra comelas. O meu amo cada vez que viña á cortiña e vía aquel desastre, facíame o responsable de tódolos males: “maragatiño, ovella negra, pasmarote…”. Pra vergonza miña, como os paxaros, sobre todo as pegas e os corvos, me ... (ver texto completo)
Me gusta el escudo de la familia Garrido; sabes mi apellido es GARRIDO, vivo en Tumbes PERU, supongo que mi ascendencia es española... solo se que mi bisabuelo era del Ecuador, me gustaria saber mas de mi apellido, gracias
Érache un homiño como de xoguete, pero pouco apropiado para uso dos meniños. Viña das partes baixas do Tuela, e gañábase a codia cunha tallada de touciño rancio picando a leña eiquí, ou escaldeirando alá.
O tío Perfeuto deixábao dormir na casa da Cachifra, na pallarega que tiña enriba da adega onde se gardaban as patacas e algunha cousiña máis. Aquel día había tamén un feixe de vimbios para facer canastros, uns ripados e outros sen ripar.
Abaixo rían dúas mociñas duns dezaséis anos contándose as ... (ver texto completo)
Como conseguiste esta foto?.. esta muy pero muy bien!...
¿Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.
Qué bonita foto! cuántas veces me bañé ahí!
Un home chamado Jose Maria, tiña que ir a traballar a diario desde Lubian a Verin, e un dia o sair do traballo, como a sua filla le pidira unha mascota, chegouse a tienda de animais mais cercana e dixole o dependiente que ficera o favor de darle o animal mais barato que tuvese, e o vendedor asi o fizo, trougole un poliño.
Cuando o Jose Maria chegou a parada da linia, que era no medio de transporte que utilizaba a diario pra vir a sua casa, douse conta de que tiña prohibido subir a ela con animais. ... (ver texto completo)
Chegaron ao lugar dúas romeiras, camiño de Santiago. Para albergarse andaban a preguntar por "La Maison de Pacorro", pero ninguén ouvira falar nunca daquel mesón.
Elas decían que sí, que lle recomendaran "la maison de Pacorro" neste lugar dúas compañeiras do seu país, que se albargaran había uns anos nela, que foran moi ben tratadas e que o Pacorro as deixara moi satisfeitas.
Casualmente viñeron preguntarme a min por suxerencia de non sei que veciño.
--Non, non. Eiquí non hai nengún Pacorro. ... (ver texto completo)
Oye mozo-a, me parece de muy mal gusto que utilices mi nombre para publicar mensajes en esta página. Yo creí que cada uno de nosotros teníamos el nuestro y que éramos lo suficientemente responsables para no utilizar el de los demás. ¿qué quiere decir esto, que yo puedo utilizar el nombre de chimpanapalla, inda cho sei o pingadelo para dejar el mensaje que quiera? ¿o soy lo suficientemente responsable para dejar los mensajes solo con mi nombre?. Quiero que quede constancia aquí de que fonte da uz ... (ver texto completo)
Mandade unha foto ¿vale?