HEDROSO: Celebro, Janita, que queira vostede conservar o dialecto...

Pueblos de España non é un grupo, señora. Vostede e máis eu parece que nunca estaríamos no mesmo magote.
En España hai catro linguas recoñecidas como oficiais pola nosa Constitución. Dentro de www. pueblos-espana. org, ésta é a páxina de EDROSO, do concello de Lubián, onde se falou galego toda a vida, e non imos deixar de falalo porque lle pete a vostede.
Por outra banda, o certo é que a lingua galega é tan española coma o castelán. Foi nela na que Alfonso X (un sabio) escribiu os seus cantares. Está recoñecida polo Estatuto de Castela e León, como falada dentro deste territorio, e foi declarada cooficial no ámbito municipal do concello de Lubián hai xa preto de vinte de anos.
A liberdade de expresión é deixar que cada quen se exprese como desexe. Nós respectamos que vostede o faga nunha lingua misturada, que nin é castelán, nin astur-llionés. Non me sexa cheiragateiras. Ven a un foro alleo (no que sempre será ben recibida), e pretende impór o seu xeito de pensar. aínda que sexa vostede máis de Edroso do ca min.
Somentes vou engadir o seguinte: vostede pode escribir como lle pete, señora. Iso é a liberdade de expresión.

Respecto a este mensaje que acabo de leer, entiendo el dialecto que se habla ahí perfectamente (que no es gallego) y lo hablo casi perfectamente. Me gusta y no quiero que se pierda, pero si vuelves a leer detenidamente lo que has escrito eso no es para nada como se habla en esos pueblos. "porque lle pete a vostede" no se ha dicho jamás en Chanos, Lubian, Hedroso, Aciberos, Padornelo..... ni lingua, ni castelan, ni preto, ni libertade, ni llionés, ni sexa, ni engadir, así que no saquemos las cosas de quicio

Celebro, Janita, que queira vostede conservar o dialecto que se fala en Edroso. Pero xa comeza mal, e perdoe, ao dicir que non é galego. Consulte vostede ao lingüista Dámaso Alonso, quen foi en seu día Presidente da "Real Academia de la Lengua Española", ou a D. Luis Cortés y Vázquez, quen fora Catedrático da Universidade de Salamanca, autor do libro "El Dialecto Galaico Portugués hablado en Lubián".
Todos os dialectos pertencen a unha lingua ou idioma: o extremeño e o andaluz son dialectos do castelán. O que se fala en Edroso é o galego oriental, como se fala en Viana do Bolo, na Gudiña ou na Mezquita, con algunha pequena variedade.
Vostede escribe en castelán culto, cando o castelán que normalmente falamos ven sendo un castelán coloquial. Eu, que ben sabe que son de Lubián e vivo eiquí, cando escribo en galego, escribo en galego culto ou académico, non no galego coloquial que falamos nas Portelas. Pero non obligo a facelo a ninguén.
Cando di que nós, ao falarmos o noso dialecto, non decimos "vostede", acerta. É certo, sí. Pero os meus bisavós sí o dicían. Que lle parece? Se falamos de conservar haberá que ir indo ás orixes.
Tamén é certo que non dicimos "preto" co significado castelán de "cerca". Meus avós e meus pais dicían "perto" para o adverbio "cerca" e "preto" co significado de "negro". Pero resulta que a Real Academia Galega decidiu normalizar o uso de "preto" no canto de "perto", porque é utilizado en máis lugares do territorio de fala galega, territorio que non acaba nos lindeiros desa comunidade. Eu mesmo sonlle académico correspondente da RAG desde o ano 2004.
Son dous exemplos, entre centos que lle podía pór. Así é que o de conservar a fala depende do intre no que se queira empezar. Eu respecto a súa opinión. Respecte vostede que eu fale dous galegos: o coloquial máis o académico, pero que só escriba o académico cando ando a furgar nos xeitos de corservarmos a nosa lingua. Eu quero comezar na orixe, e non nun dialecto cada día máis castelanizado e deturpado. De sacar as cousas do couzón, nada de nada. Bastante desengonzadas andan elas nesta marabillosa lingua que falamos.
Graciñas polo seu interese no tema.