Mensajes de A GUDIÑA (Orense) enviados por Gel Martínez:

Para tódolos foreros de A gudiña, que pasedes boas festas e moita saúde e felicidade para o vindeiro ano.
Gel non lle des mais voltas, por favor, que non paga a pena, o meu comentario era un guiño, dito en tono de broma. Foi, fai tempo, no foro da Vilavella e tu falabas de duas mulleres que tiñan problemas de vocabulario dicindo que ocurrira na Gudiña, pero non decias que "as pavas" foran da Gudiña, podían ser incluso de Vilavella, ja, ja. Unha aperta
Vaia, xa caín. Mea culpa, mea culpa. Aquelo foi un feito real e relateino tal como e onde sucedeu. Desde logo que foi unha falta de consideración por a miña parte nomear o pobo, ou hasta contar o conto quizais, pero é sempre sen intención de descalificar a ninguén. As señoras non eran da Gudiña, obviamente ahora non direi de dónde, ja, ja... por si acaso. Apertas
Ola Gel un saudo da miña parte para ti tamén, a pesar de que, como dices, e a primeira vez que participas no foro da Gudiña, teño leido as tuas mensaxes en outros foros, principalmente no da Vilavella e vexo que temos varias cousas en común ou polo menos dúas, o amor a nosa lingua nai e formar parte dos galegos da diáspora. Hay tamén algún dos teus comentarios nos que non queda muy ben parada a xente da Gudiña, penso en particular aquel da que decía "analfabeto", este último comentario fago en clave ... (ver texto completo)
Picarel, podes creerme, levo bo rato exprimindo os miolos e non logro lembrar o escrito ó que te refieres. Dime por favor cando e en qué foro o puxen. Eu as veces leo as mensaxes despois de postas e doume conta de que se poiden interpretar de xeito distinto ao que un desexa. O que si te podo asegurar é que nunca utilizaría esa palabra de maneira deliberada para referirme aos da Gudiña nin aos de ningún outro pobo, por suposto. As bromas io respecto deber de ir ó par.
Alégrame que teñamos cousas ... (ver texto completo)
Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido ... (ver texto completo)
Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez que entro neste foro, pero teño que aplaudir esta túa mensaxe. Non podo estar máis de acordo co que escribes.
É unha falta de respecto para a nosa lingua o querer torcer (ou estancar) a súa evolución según lle veña en gana a un grupo concreto.
O galego foi avasallado fai séculos pola burguesía, pola dictadura mais tarde, ahora polos lusistas, os castellanistas.... pero esta lingua rebule e non hai quen poida con ela!