GOIAN: Goián a noite máxica de San Xoán...

Goián a noite máxica de San Xoán
No resto de España a noite de San Xoán e diferente o resto da Galiza, en Goián trátase doutro ciclo, doutra relixión doutro planeta, entra con forza nel (Goián (Santiago de Tollo) descrición: a carón da figueira das “margaritas” (1) case no alto dela con a bandeira republicana izaban o maio, unha vara alta coma de uns vinte metros revestida de buxo e flores. As noticias recollidas polo xeógrafo grecorromano proveñen de Posidonio, que á súa vez saqueara os testos de Polibio. O que os boleses facían polos anos da gran guerra, e é seguro que a usanza desaparecese, ten polo tanto unha antigüidade garantida de vintedous séculos (máis os que levaran bailando) Tanto serve unha data como outra: antes de 1914 todo seguía igual ao oeste do Cebreiro. E niso estamos. Traspasar ese cantón, para quen como eu adoita vir de abaixo, equivale penetrar nun mundo á parte, implacablemente,
hibernado por expresa vontade dos seus moradores. Un mundo moito máis próximo á España antiga que actual.
O galegos de Estrabón trenzaban pasos de baile en noites de lúa chea, o fin do milenio seguía a voltas cos mesmos nocturnais: sabémolo polo concilio de Compostela, que no ano 1056 aínda anatematizaba os cultos do plenilunio. Mentres tanto, a galega de ben non se expoñía
directamente ao satélite nin se arrimaba aos postigos en noite de moita luz: é costume que sen medo podemos acusar de neolítica. Toda vida hoxe as xentes sensatas evitan raparse en cuarto crecente, porque con iso se arrisca a calvicie (sabíao, e dicíao, ata o pícaro Estebanillo González). A madeira, en cambio ten que cortarse aproveitando o minguante e así non se quebrará nin rachará. Acomoda o labrador as tarefas do campo e da casa ás fases da lúa: a de xaneiro resulta indicada para a matanza do porco, a nacente para salgar as carnes se quere que crezan no pote, e a decrecente para que se conserven en bo estado. Pero en ningunha a lunación pode darlle os raios do astro, porque entón se alunan e podrece enchéndose de vermes. Polas mesmas razóns (ou polas contrarias: as do sol,) os rústicos cóntanlle ao lume os seus pesares, e bótanlle cinichos de pan e culleradas do propio xantar, e non fornican nin se masturban nin palpan a muller as súas torrellas en presenza dun lume. E é que as cousas do sexo, como todas as demais, reverten á natureza e ás veces a contaminan: por iso non hai que barbechar nin sementar en días de menstruación....
Teño de recordar o xa mencionado: mámoas e petroglifos, labirintos, pedras oscilantes, San Andres deTeixido, o dique de Bares, o folclore dos curetes, dá Limia, o hercúleo, e as eguas fecundadas polo vento,
Korid-wen, as Virxes dos cabos, ou o ovo druídico... Galicia é una excepción, So na India nos superan, un punto de observación da vida cara ao que lentamente flúe o universo e alí quédase, empapado por unha atmosfera sen tempo como a daquelas mastabas exipcias onde ata un gran de trigo mantiña o seu poder xenético por enriba das secas e os diluvios. Sen trampa comprobarémolo seguindo os pasos a Prisciliano.
(1) A o carón da famosa figueira das Margaritas que a era da variedade de figo brancos chamada de San Xoán, a rapazada facía unha grande fogueira, pra elo dende un mes antes ían buscar sobre de todo xestas ramas de piñeiro secas e todo que ardera ben e algunha casa regaláballes un cañoto de piñeiro ou carballo que non fora capaces de o rachar para leña, o cal era o que facía de apoio o resto da leña, e a xente sentada ou en pe en volta dela ata que se consumía todo, e despois cunha xesteira xuntábase as brasas nun montón e a saltar por encima. Costumes xa desaparecidas.