GOIAN: [ A Barca-Goián, 3 de marzo de 1644] ...

[ A Barca-Goián, 3 de marzo de 1644]
LIBRO PRIMEIRO
CAPÍTULO XXXV
PÁXINA 61
Toma o Conde de Castelo Melhor a vila da Barca de [Gayão] Goián,
que é saqueada e incendiada.
É parte da defensa dunha provincia a ofensa feita na do inimigo, e non é menos telo en perpétuo cuidado de defenderse, e reparar sen saber por onde se pode ser acometido, porque en fin, a mellor defensa é a ofensa. Así o fai o Conde de Castelo Melhor [Gobernador das Armas de Entre Douro e Minho], como se verá escrito, coa vixilancia con que se ocupa, e no que ten obrado en menos dun ano exércitando a súa tropa, e en facer destra [nas armas] á milicia,...
É a Barca de Guayão [Goián-Tomiño] unha poboación nobre pola súa situación e a fábrica das súas casas, e pola xente nobre que a habita, con 80 veciños, pero con moitas casas e aldeas próximas, terra abastada e regalada [pracenteira], ben situada perto do río Miño, en oposición de Vilanova de Cerveira. Está fortificada con grandes trincheiras e presidio [cuartel] de 200 soldados pagos, e vixiada con
PÁXINA 61 (bis)
outros da ordenanza [milicianos]. Determinou o Conde descargar nela o raio da súa espada, e no día 3 de marzo de 1644, mandou sobre este pobo (para humillar a soberbia con que os seus moradores acostumaban a desmandarse contra a xente de Vilanova, con palabras descorteses) ao Mestre de Campo Diogo de Mello Pereira con 500 infantes das compañías que ten na vila de Monção, e as dos capitáns Rodrigo de Moura Coutinho, Antonio Ferreira e Antonio de Queirós Mascarenhas co seu alférez Ioão Tavares de Brito, indo de sarxento maior Luis de Oliveiros Famel.
Aloxáronse a primeira noite no mosteiro de Ganfei [Valença], no domingo día 1 de marzo, e no segundo día xuntóullese [a Diogo de Mello] a compañía do capitán Christovão Mauzinhos de Vasconcelos co seu alférez Bernardo Pereira, 38 soldados que viñeran de Flandes e que chegaran da praza de Valença, que o gobernador
dela, Roque de Barros do Rego, tiña por orde do Conde telos previdos. E xuntáronse todos ás 11 da noite [luns, 2 de marzo] en Vilanova de Cerveira, onde se atoparon co Mestre de Campo [Diogo de Mello] que se adiantara o día antes para recoñecer o sitio.
A media noite chegou [a Vilanova] o Conde de Castelo Melhor e distribuíu as ordes por escrito do que se había de facer. E tamén veo Rodrigo Pereira de Soutomayor, a quen o Conde tiña encomendado a preparación dos barcos e a condución da xente de Caminha, que dixo ter prestos 100 barcos no sitio onde a tropa embarcaría, máis para acá de Caminha, como se lle encomendara.
Xuntáronse a estes outros 20 barcos máis, que tiña Manoel de Abreu Barbosa, capitán maior de Vilanova, suficientes todos para 500 homes, porque os barcos de guerra non levan máis que 4 soldados cada un, ademais dos barqueiros.
Nestes últimos [20 barcos] embarcou o capitán Rodrigo de Moura

PÁXINA 62
Coutinho, pola parte do Levante de Vilanova, para embestir as casas de Don Antonio Correa, por ser fortes [estar fortificadas], e conviña gañalas, cousa que el fixo.

Embarcou o Mestre de Campo [Diogo de Mello] cerca dunha légoa abaixo de Vilanova [zona aproximada de Lanhelas] e os demáis [100 barcos] fórono seguindo, pero foron sentidos polas vixías [galegas] que tocaron alarma e prenderon lume nos fachos.
Desembarcaron os nosos [soldados portugueses] en terra, indo na vangarda Diogo de Brito Coutinho, Rodrigo Pereira de Soutomayor, Lourenço de Betancor de Freitas, Sebastiao de Souza Meneses, Antonio Ferreira, Gaspar Pereira, Gregorio da Rocha, Diogo Feraz Bravo, Martim Gonçalves da Camara, Álvaro Soares de Castro, Manoel de Valladares, Bernardo Teixeira, Manoel de Sousa, Francisco de Castro, Manoel Pereira, Antonio Brandão, Christovão de Castro, Antonio Vaz da Mesquita, e outros.
Acudíu a xente do inimigo [tropa galega] a ocupar as trincheiras do río, que axiña o Mestre de Campo [Diogo de Mello] con destreza e valor puxo en retirada, e despois de pelexar un pouco, os nosos pasaron a embestir o lugar, matando aos que se defendían, polo que o Mestre de Campo ocupou unha eminencia [altura] na parte do norte, onde formou batallón.
Os nosos [soldados] andaban por algunhas casas dando saco [roubando], porque os veciños eran todos acollidos [acaudalados], e cando o Mestre de Campo mandou tocar [trompeta] para que se xuntaran, formou o batallón e foi repartindo a tropa conforme as instruccións que levaba do Conde. A Rui Pereira de Soutomayor e Sebastião Pita Soares, coa xente de Caminha, mandounos ocupar un posto importante pola parte do Nacente, onde estaba o Mestre de Campo, e guarnecer unhas paredes por onde o inimigo [galego] podía facernos dano, como de feito intentou varias veces, pero en van pola resistencia que se lle fixo.
O capitán Antonio Ferreira ocupou outra entrada coa súa compañía, que defendeu hasta a retirada. O alférez do capitán Coutinho, pola parte do Levante de Vilanova, para embestir as casas de Don Antonio Correa, por ser fortes [estar fortificadas], e conviña gañalas, cousa que el fixo.
Embarcou o Mestre de Campo [Diogo de Mello] cerca dunha légoa abaixo de Vilanova [zona aproximada de Lanhelas] e os demáis [100 barcos] fórono seguindo, pero foron sentidos polas vixías [galegas] que tocaron alarma e prenderon lume nos fachos.
Desembarcaron os nosos [soldados portugueses] en terra, indo na vangarda Diogo de Brito Coutinho, Rodrigo Pereira de Soutomayor, Lourenço de Betancor de Freitas, Sebastiao de Souza Meneses, Antonio Ferreira, Gaspar Pereira, Gregorio da Rocha, Diogo Feraz Bravo, Martim Gonçalves da Camara, Álvaro Soares de Castro, Manoel de Valladares, Bernardo Teixeira, Manoel de Sousa, Francisco de Castro, Manoel Pereira, Antonio Brandão, Christovão de Castro, Antonio Vaz da Mesquita, e outros.
Acudíu a xente do inimigo [tropa galega] a ocupar as trincheiras do río, que axiña o Mestre de Campo [Diogo de Mello] con destreza e valor puxo en retirada, e despois de pelexar un pouco, os nosos pasaron a embestir o lugar, matando aos que se defendían, polo que o Mestre de Campo ocupou unha eminencia [altura] na parte do norte, onde formou batallón.
Os nosos [soldados] andaban por algunhas casas dando saco [roubando], porque os veciños eran todos acollidos [acaudalados], e cando o Mestre de Campo mandou tocar [trompeta] para que se xuntaran, formou o batallón e foi repartindo a tropa conforme as instruccións que levaba do Conde. A Rui Pereira de Soutomayor e Sebastião Pita Soares, coa xente de Caminha, mandounos ocupar un posto importante pola parte do Nacente, onde estaba o Mestre de Campo, e guarnecer unhas paredes por onde o inimigo [galego] podía facernos dano, como de feito intentou varias veces, pero en van pola resistencia que se lle fixo.
O capitán Antonio Ferreira ocupou outra entrada coa súa compañía, que defendeu hasta a retirada. O alférez do capitán.

PÁXINA 62 (bis)
Christovão Mausinho, ocupou un posto arriscado, onde se pelexou tesamente [con dureza], e o alférez do capitán Antonio de Queirós tomou outro posto, na parte do Poñente, onde estaba o Mestre de Campo.
Con esta disposición ordenada e cos postos previdos e ocupados, mandou o Mestre de Campo que o lugar [Goián] fora saqueado e abrasado. O incendio foi presidido por Monsiur de Latufa, tenente de artillería, provisto con salchichas [rollo de tela cheo de pólvora] e outros instrumentos de Vulcano, que pertencen a este xénero de guerra, e foron botados contra as casas que pola súa fortaleza resistían. Fallaron [algúns dos instrumentos incendiarios] e deixaron ao seu autor [Latufa] queimado na cara e nos brazos. Xa estaba todo saqueado e abrasado cando chegou aviso do Conde ao Mestre de Campo para que se recollera a tropa. O Conde facía oficio de centinela desde os muros de Vilanova, e tiña calculado o tempo que tardaría en chegar o socorro [galego] de Tui, onde o Marqués de Távora [novo Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia] estaba co seu exército, distante 4 légoas. Obedeceu o Mestre de Campo [Diogo de Mello].
Cargaron os soldados [portugueses] de todo para o saco: armas, municións e pertrechos pertencentes á milicia [galega], e o fato [rebaño] que debía de ser moi abundante nalgunhas casas, e puxéronse por disposición dos seus cabos [oficiáis] en tan boa formación para marchar, que o inimigo non puido impedilos. Nesta retirada, Rodrigo Pereira de Soutomayor pedíu ser o último e o máis próximo ao inimigo, e houbo outros [oficiais portugueses] que por envexa se opuxeron a esta honrada competencia...
Nesta retirada, espallou o Conde tiros de bombardas [desde Vilanova para Goián] por todas partes onde xulgaba que podía estar o inimigo molestando aos nosos. Non conseguiron [os galegos] nada máis