Luz: 5 Cts/kWh tarifa 3.0 TD >>

GOIAN: HISTORIA MÁXICA DO ACTUAL GOIÁN, ARREDORES E OUTROS...

HISTORIA MÁXICA DO ACTUAL GOIÁN, ARREDORES E OUTROS CONTOS
(pra matar o tempo)

Falar de Tollo ou Goián e todo o mesmo. Ata hai poucos anos os rapaces e maiores tiñamos o orgullo de ser de Tollo. Os dos outros barrios metíanse connosco, e decíamosle si, pero os de Tollo comemos zarrabollo.
Tollo é o barrio máis grande de todos as parroquias que forman o Concello de Tomiño.
+++
Camiñemos en procura da nosa identidade, e atoparemos a súa semente.
Proverbio chino: SUN YOU (en goianes, que en galego quere dicir: SUN EU)
COMECEMOS A NOSA CAMIÑADA:
É farto sabido de todos que o actual Goián é o resultado da xuntanza de Santiago de Tollo e o Couto de Goián, da familia Correa. Segundo a historia publicada, os primeiros datos escritos que se teñen da parroquia é un documento privado do mosteiro de Oia datado en 7 de setembro de 1258 no que se aforaba a María Pérez chamada Cerveira un casal que tiña “In ipsa villa de Goyham”. D. Manuel Fernández Rodríguez di na historia de Goián: ‘desde el siglo XIV Goyán estubo (sic) ligada o vinculada a la familia Correa’, pero en principio esa familia tiña a súa casa no lugar chamado A Quinta (onde ten as viñas o Quin) e o seu pazo, de aí de onde lle vén o nome do actual barrio do PAZO. (1) En canto a Tollo, di noutro documento do dito mosteiro datado no ano de 1320, “Que D. Lorenzo Pérez era al tiempo reitor de la Iglesia de Santiago de Tollo”. (sic)

Nós baseándonos noutras fontes consultadas tentaremos chegar moito máis atrás.
As terrazas que forman a actual parroquia de Goián foron asento durante o período plistoceno dunha poboación pertencente á cultura paleolítica (uns 35.000 anos a. C.) que nos deixou unha grande cantidade de instrumentos tallados de cuarcita (abbevillense) e principalmente (acheulense). Goián foi neste aspecto unha das localidades de España onde se atoparon a maior cantidade desas ferramentas.
En Goián encontramos, ademais de restos de castros e gravados rupestres, algúns ritos e crenzas daquelas xentes como o uso dun alcume para distinguiren unhas familias de outras, estamos no territorio dos “Capacáns”, “Catarruxos”, “Carramelos”, “Chispas”, “Junurialos”, “Carrouchas”,“ Carrapichas”, “Carrizas“, “Tarujas”, “Farrapeiras” e outros aínda se cabe máis escarrachados. Eu xa levo recollidos preto de 500 alcumes. Ademais parte de Goián conta co seu propio dialecto falado nos barrios de Tollo e Fontiala, sobre todo. Os das parroquias veciñas alcúñannos como os da taramiala, e arremédannos, dicindo: “ Piapa, ciarra a canciala ie bótalle a taramiala se non a vaca amariala pode comer a sarradiala”. Hai mesmo quen pensa que é parecido ao chinés, pois estas frases así o demostran “ iou sun un chanchon” ou “un chino choucho chanchou un chancho no chan”. E parécese ao inglés tamén: “ e ti tes nai?” En fin, a cousa “tian perendiengue, arreniajote diaño!, non si tue? Que, tian ou non tian miolo?
(1)


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España