LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

A VILAVELLA: No folclore galego, o aturuxo é un berro forte, agudo...

No folclore galego, o aturuxo é un berro forte, agudo e prolongado que se bota nas festas ou para dar azos aos bailaríns.
Aturuxo é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego, que é emitido polo público ou os intérpretes nun intre dado, no decurso dunha peza musical.
É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Aturuxar, que quiere decir gritar alegremente, viene de la voz aturuxo, grito de expansión y recocijo con que los aldeanos gallegos terminan sus cantares y ruadas del país.
No citado artigo —posiblemente un dos primeiros traballos publicados sobre o aturuxo— Varela Silvaral, nun estilo decimonónico e impregnado polo romanticismo da época, atribuía unha orixe céltica a tan característico berro.
A los brigantinos, pues, debemos la singular costumbre de orar e los solitarios lubres, y la de lanzar al aire el célebre aturuxo, peculiar y característicos hoy de nuestras montañas.
A los celtas y a los galos; o mejor, a los galo-celtas, debemos asimismo la costumbre, que han sabido generalizar, de manifestar su alegría después de la oración, por medio de gritos particulares y prolongados, que la tradición nos ha legado con el nombre de aturutos o aturuxos, o, como si dijéramos, gritos alegres y espansivos del pacífico morados del país galaico.
Pero bien como ocurre en otras muchas tradiciones, no sabemos con exactitud el origen de ésta peculiar costumbre.
Lo que si sabemos con certeza, es que viene de la antiguedad y que Galicia, no es el único país, donde nuestra música y sus fiestas van acompañadas de tan peculiar grito (O BERRO DO ATURUXO).
Para algúns investigadores a orixe do aturuxo estaría nos berros de guerra que proferían os galaicos antes de entrar en combate.
O texto do autor latino Silio Itálico sobre a I Guerra Púnica fálanos destes berros e cánticos proferidos polos galaicos mentres marcaban os seu paso co golpear dos seus escudos:
Fibrarum et pennae divinarumque sagaces
flammarum misit dives Callaecia pubem,
Barbara nunc patriis ululantem carmina linguis,
Nunc, pedis alterno percussa verbere terra,
Ad numerum resonas gaudentem plauder caetras.
Haec requies ludusque viris, ea sacra voluptas.
Silius Italicus
(A opulenta Callaecia enviou á xuventude experta en adiviña-las entrañas, os voos das aves e os divinos lóstregos, ás veces berrando bárbaros cantos na propia lingua, e ás veces danzando ata feri-la terra, aledándose ó golpea-las sonoras caeteras (escudos) a ritmo. Este descanso e este divertimento son un sacro pracer para os homes).
Outros antropólogos falan da posible función deste berro para espanta-los malos espíritos ou para atraer ó espírito da música no transcurso dunha celebración. Aínda hoxe para moitos pobos, como os bosquimáns, a música é sagrada e ten o seu propio espírito que é necesario invocar.
O aturuxo é un berro característico do folclore galego, que é emitido polo ben polo público ou polos músico no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e de calquera tipo de xuntanza festiva cegando a converterse nun indicador do espírito festeiro dos presentes. O lexicógrafo Eladio Rodríguez, definiu o aturuxo como “grito gutural, expansivo, agudo, forte e prolongado, que os mozos das nosas aldeas lanzan cando regresan das romarías, cando andan de ruada ou de tuna, cando acompañan algunhas mozas, ou cando desexan facerse coñecer a distancia, das súas mozas ou dos seus rivais.” No Diccionario da Real Academia galega defíneo como un berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas.
O aturuxo coñécese noutras zonas de Galicia como azuo, escutio, frixido, grixido, aturulo, ufido, ufo o agrúo. Son sinónimos de aturuxar: agruar, asuar, atontar, atruxar, aturular, aturutar, azuar, grixar, ufar, ou escutiar. El grito del Aturuxo, es: Aturullar, desorientar y amedrentar al enemigo, eso su uso en un principio.
Vemos polo tanto que se trata dun berro que sae do máis fondo, longo, forte, e modulado ata que se acaba o ar dos pulmóns. Cara o final e cando se está acabando o ar adóitase entrecorta-lo berro para alongalo o máis posible, xa que canto máis longo e forte se faga máis espectacular é. O aturuxo é un berro cheo de enerxía e vitalidade case instintivo que se bota para amosar alegría, orgullo ou animar ós músicos e os bailadores cando se fai a festa.
O aturuxo tamén se ten utilizado como sinal de chamada para a comunicación entre aldeas distantes, sobre todo na montaña onde a resonancia da voz é maior, dado que era doado identificar a quen lanzaba o berro. Os arrieiros utilizaron o aturuxo para se comunicar entre eles ou para escorrentar ós posibles salteadores que frecuentaba daquela os camiños..
Este tipo de berro tamén existe noutros lugares de España, sobre todo da cornixa cantábrica.
Os vascos coñéceno como irrenzzi ou irrintzi;
En Burgos chámanlle relincho;
Os asturianos, jujío, juje, ijujú, richido ou riflido;
Os galegos, aturuxo o atrujo;
En Murcia, ajujú.
Nas zona montañosa do norte, relinchiu, ijujú, gucín, chipilío, relinchar, jisquío ou jipío.
Tamén nos outros países célticos como Irlanda, Escocia ou Bretaña francesa existen berros similares co aquel de amosar alegría ou dar azos os bailaríns e músicos.
Non esquezamos tampouco o famoso berro do folclore
“Estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo

É posible que a primeira mostra e máis ancestral tamén da expresividade musical da muller galega sexa o aturuxo

Aturuxo: Non debe pasarnos por alto a relación entre ese “berro seco”, hoxe estilizado e elevado co rango de expresión cultural galega por excelencia, e o bastante menos estudado mas non por iso menos expresivo orgasmo feminino.
Obviando este dato difícilmente demostrable, la primera incorporación da expresividade musical feminina ao mundo artístico galego produciuse a principios do século pasado, coincidindo co rexurdimento de todas as nacións e nacionalismos e veu da man dos Coros gallegos
Antiguamente era: Nuestro grito de guerra y ahora es para animar los bailes y romerias.
Saudos


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España