PADORNELO: Este arado romano miniatura está compuesto por:...

Este arado romano miniatura está compuesto por:

1. Chavella, que é onde se amarra o xugo.
2. Timón, vén a ser o pao que vai dende o xugo ata o propio arado.
3. Teiroa, é un pao que vai dende o timón hasta a cabeza. Segun se suba ou baixe, ara máis arriba ou máis fondo.
4. Cuña ou cuñas, pode levar unha ou dúas. Non deixan que se mova a teiroa.
5. Rabiza, é por onde se agarra o arado, para guialo.
6. Aveacas, son dúas, unha a cada lado, coas que vai botando a terra fóra do suco.
7. Reixa, a rella de ferro que fura na terra. Vai sujeta á madeira por tres ou catro cravos de cabeza grande e cadrada, denominados pilotes.
8. Ameixelo, un pao que atravesa a rabiza, e vai entre as aveacas, para mantelas separadas.

"Labrador que vas arando,
mete la reja más honda,
que el filón se va agotando,
el tiempo viene apurando
y el oro es de quien ahonda".