LUBIAN: Gracias pola aclaracion.:-)

Esas "Juntas Vecinales" nada teñen que ver coas nosas, pois os montes delas non están clasificados como veciñáis en man común. Decataivos que na reportaxe anterior non aparece Galicia, rexión onde máis abundan os montes veciñáis en man común.
En toda Castela e León só hai 13 montes veciñáis en man común, e deles hai 2 en Lubián, 1 nas Hedradas, 1 en Chaos, 1 en Hedroso, 1 en Acibeiros e 1 en Padornelo.
Os outros están nos concellos de Cernadilla, Mombuey e o de Cional en Villardeciervos.
A Lei dos nosos montes, que son de naturaleza privada, non se vei afectada, polo momento, polas garras de Montoro.
Pero é moi certo que detrás da Lei Montoro escóndese unha desamortización que pretende o peche do mundo rural (eliminación de servicios) para quedarse cos montes comunáis e de utilidade pública, e privatizalos, cando xa non queden veciños nos pobos.

Gracias pola aclaracion.:-)