ZUPALDRÓN
Cando muxía miña nai á Marquesa, sendo eu un cativo espectador que gustaba sempre dun groliño espumoso acabado de saír daquel amoxo, o becerriño mamaba ao mesmo tempo do outro lado.
Ás veces o xato daba un golpe co fociño no amoxo, e tiraba con máis forza da teta.
--Ai, o demo leve o becerro, vaia zupaldrois que da na
vaca!--queixábase a Lola.
Algunhas veces agora, para pedir no
bar un "chupito", pido un zupaldrón. Pero cando a camareira se vai afacendo á palabra, cambian de camareira,
... (ver texto completo)