3 meses GRATIS

GRAJAL DE CAMPOS: Saludos. Traslado aquí, para su conocimiento, difusión,...

Saludos.
Traslado aquí, para su conocimiento, difusión, y adhesión de quienes lo deseen, mensaje recientemente recibido:

.

Compañeiros:
Velaí vosotros enviamos unha nota de prensa na que relatamos o atentado de que foi obxecto o monumento erixido na honra de dous canteiros asasinados en Agosto de 1936. Vosotros pedimos a vosa solidariedade enviando correos de protesta ás edicións de Deza-Tabeirós-Terra de Montes dos diversos periódicos. Os enderezos electrónicos son:

Do Faro aestrada@farodevigo.es

Do diario de Pontevedra, lalin@diariodepontevedra.es

Da Voz redac.lalin@lavoz.es

Dentro dun tempo prudencial, repondremos a placa e convocaremos unha concentración de desagravio para que quixeramos contar co voso apoio.
Estes son os intres nos que temos que amosar a nosa forza mediante o apoio mutuo.
Saúde
Pola Xunta Directiva de Verbo Xido
Lola Varela

.

Nota de prensa

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, coa adhesión da Comisión pola Memoria “Siñor Afranio” que engloba nove asociacións do norte da provincia de Pontevedra, queremos denunciar que no día de onte, foi arrancada por descoñecidos a placa do monumento sito na Ponte do Barco (Pedre) en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados alí mesmo o 12/8/1936. Tamén, temos o convencemento de que o incendio que asolou aquel lugar o mesmo día da homenaxe levada a cabo no 70 aniversario daqueles atroces sucesos, foi provocado coa intención de impedir os actos, cousa que non conseguiron. Diante destes feitos, queremos precisar:

1º) Que os autores destes actos violentos e antidemocráticos, residen na zona en cuestión, e que máis tarde ou máis cedo saberemos a súa identidade.

2º) Que a placa será reposta próximamente, nun gran acto de desagravio que contará coa presencia de asociacións pola recuperación da Memoria de toda Galicia e para o que se fará un chamamento á veciñanza de Terra de Montes para que participe.

3º) Que estes cobardes atentados de carácter fascista, poñen de manifesto a importancia da recuperación da Memoria da represión franquista no noso país, posto que os partidarios daquela ditadura sanguenta aínda están entre nós, coartando as liberdades que tanto esforzo e sufrimentos costou conquerir, co agravante de estar avalados por sectores da dereita política que se din democráticos pero que se negan a condenar o golpe militar do 18 de xullo de 1936 e os 40 anos de ditadura franquista.

4º) Que, por moito que arranquen placas e arremetan contra os símbolos que lembran a barbarie do franquismo, os fascistas para non conseguirán manter ás vítimas mortas e esquecidas tal e como fixeron durante 40 anos. A Memoria dos mártires cerdedenses e de toda Galicia, para está recuperada e circula de boca en boca, de lembranza en lembranza, e con estes atentados o único que conseguirán e reforzar a memoria dos cidadáns cada vez que cometan unha tropelía.

5º) Por último, esiximos dos partidos políticos representados na Corporación Municipal:

- Que condenen sen paliativos estes actos vandálicos; de non ser así, teremos motivo para pensar que amparan este tipo de actitudes fascistas.

- Que, en sesión plenaria, condenen o réxime franquista polas súas funestas consecuencias para o país en xeral e Cerdedo en particular.

- Que, tal e como a lexislación vixente obriga, leven a cabo sen maior dilación o acordo plenario acadado por unanimidade na sesión do 21/4/2006, relativo á retirada dos nomes das rúas dedicados a autoridades franquistas.
Cerdedo, 9/9/2006

Pola Xunta Directiva de Verbo Xido
Lola Varela.