GOIAN: O ALBOIO COMO DICIMOS POR AQUÍ, TAMÉN LLE CHAMAN ALPENDRE,...

O ALBOIO COMO DICIMOS POR AQUÍ, TAMÉN LLE CHAMAN ALPENDRE, CABANÓN OU PALLEIRA.
A modo de prologo.
Antigamente había grandes invernías, e a rapazada tiñan poucas cousa pra entreterse antes de iren para cama, hoxe que teñen ordenadores e outras trangalladas, no teñen aqueles grandes invernos. Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norde, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA - WALTER STARKIE
O alboio é unha das construcións das casas de labranza que mais usos ten. Normalmente están construídas con seu portón mirando o norte ou este por ser se donde as choivas azoutan menos. Nun lado da parede a súa man esquerda esta unha parteleira donde se poñen as ferramentas pequenas, e o lado ai un travesaño adonde se finca, eixadas, cavóns e as espalladoiras, no fundo do alboio enganchado a parede un serrón curvo pra tronzar a palla do trigo e mesturar con a herba verde pra facer as empalladas pra darlle de comer o gando. Un pouco retirado o cortello do porco, pois por moito que o lavases sempre cheiraba mal, por alí preto o galiñeiro os coellos e mais lugar adonde se
gardaba a leña.
De parede a parede uns rebrotes de castiñeiro e encima deles uns travesos de salgueiro pra por a herba seca enriba, a maioría era chamada de serra, encima dela os gatos ían a durmir pois así estaban mais quentes, cando ías por unha pouca as veces cheiraba o mexo deles. Na parte dianteira do mesmo a eira, a estas dedicáronselle moitas cancións (1) algunhas cubertas de lousas, e outras seu chan era de xabre, este era mais traballoso pois sempre había que darlle un repaso co pisón. Se non fora por a chuvia a eira tería mais usos co alboio, nela estendíanse as espigas do millo despois de esfolladas pra que enxugaran un pouco a de as meter no canizo, tamén se estiraban os feixóns pra que secasen ben antes de mallalos, o trigo, centeo, e outros cereais facíase mesmo co eles pra que o mallalos soltara, ben o gran, (2) hoxe en día xa esa labor non se fai a man pois hai malladoras mecánicas. Estaba eu sentado na portón do alboio nunha banqueta, que tamén se usa pra cando se vai muxir a vaca, debullando unhas espigas pra darlle de comer as galiñas, e estas andaba de roda miña por si caia algún gran aproveitalo, o galo que era o xefe da banda pasaba por o lado de algunha e rascáballe a asa e botáballe unha cantada por si tiña ganas de boreo. O tempo ameazaba choiva, e os nubrados corrían cara a o Norte haber quen chegaba primeiro a non sei donde, o pasaren algúns descargaban parte da auga pra non iren con tanta carga, esta o caer enriba do tellado azoutada polo vento filtraba por as rendijas das tellas e despois de por veces caíanme pola cara, o vento con seu mal humor, escorreu unha tella e por o burato caia unha pingueira, e pra que no mollase moito o chan, púxenlle unha lata bacía pra recollela, e esta o caer facía un hap, chap acompasado que parecía un relo de marcara o tempo.
Uns grandes eucaliptos que no lugar da Barbiella, hai la fondo do eido o vento facía dobrar as súas copas que case bicaban o chan. Do vento oíase o seu fungar e das arbores algunha queixa que outra cando este lles botaba unha galla abaixo. Todo era un pelexar contra o mal tempo.
Os paxaros todos desacougados voaban buscando unha arbore pra durmiren abrigados, os pardellos que son os mais espavilados metíanse no canizo pois ademais de refuxio tiñan que comer, E como ía dicindo debaixo del o can tendo coidado que non foran a roubar as espigas, e de ai ven o dito de cando unha casa era de labranza era forte, dicíanlle que era e casa de can e canizo, cando un rapas andaba procurando noiva, o consello que lle daba era busca unha que teña can e canizo na casa ou sexa sobriña de cura. o día remataba e a min entrábame unha modorra que facía dar cabezadas, miña nai asomou na porta da casa e chamou, Manuel e ora de cear vai na adega e trae o viño, o meu lado tiña unha xerra desas de pedra branca, moi barriguda e con un bico pra verter o viño sen ciscar na mesa, cando entrei había nunha travesa, unha papeira de porco adobada en zorza e cocida con uns cachelos, e pan de centeo ou millo pra acompañar, esta había sobrado do cocido do mediodía.