OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

GOIAN: Gústame ler a historia de Goián, como non, mirar cara...

Gústame ler a historia de Goián, como non, mirar cara atrás é sempre satisfactorio e sobre todo moi aleccionador. Agora ben, penso que nos pobos como en caseque todo na vida, temos que mirar cara adiante. Eu recordo Goián como un pobo precioso, unha vila chea de encanto e árbores, con casas preciosas no centro e pequenas casiñas, como calquera núcleo rural da nosa Galicia. Tiña, xa que logo, o encanto dos pobos pequenos, con sentidiño. Hoxe vexo a Goián coma un pobo calquera, absurdo, cheo de edificios horrendos e sen árbores, non hai nin siquera un arbol no centro da vila e por non haber, non hai nin beirarrúas para poder poñelos. Da mágoa ver como aquel entorno bucólico da miña nenez convertíuse nun espanto de formigón sen sentido e o que é peor, sen nada de organización urbanística. Polo tanto, está moi ben a historia, pero o presente, a actualidade é de pena.... ¡menos mal que quedan os lugares, os barrios! andando por eles aínda daste conta de que existe un pobo, de que existe a nosa singularidade galega porque no que é o centro da vila está totalmente destrozado. Onde están os defensores do pobo? onde están os políticos defensores da nosa identidade? porque identidade é protexer o medioambiente, o urbanismo, a cultura, a lingua.... Claro que temos xentes en Goián de moito renome... onde están as rúas cos seus nomes? onde están as prazas cos seus monumentos? é increible pensar que despois de tantos anos, non queda nada, absolutamente nada, do que era o seu espírito.
Unha desencantada de Goián.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
pois estou muy de acuerdo contigo, non son de goian pero teño familia ahi e dende logo o cambio que pegou quitoulle mito encanto