Gran cascada e corga, no muiño de Nigueiroá, VEREA

Gran cascada de auga, no muiño de Nigueiroá. ahora fermosa área de recreo, o pe das piscinas na Lama do Muiño
Bendita auga que tantos anos moveu as pedras do muiño, facendo fariña, dos graus de millo e de centeo, a conta de unha boa cantidade de grau de cada saco...
A propiedade do muiño era a causa de un nivel de vida mais folgado de unha familia, aparte dos cargos do ayuntamiento e do "camiñeiro" da caseta arriba de Vilar e Paredes, que era tío das da Manga, (amigas con quen eu cantaba os Reis xunto ca Consuelo do lugar, preto do souto) e dos intelectuais, digamos, como eran o cura da parroquia e os maestros das duas escolas e o médico dos Piugis D. Paulino con despacho frente a Plaza de Celanova, (quen lle abríu a mamá un enorme e doloroso flemón na palma da mau didiante de min, porque eu llo pedín) e mais tarde me curou duas enormes feridas das que teño cicatriz profunda... e curou tamén por duas veces a abertura da frente que sufriu meu hirmau cando foi empuxado desde o alto da escaleira da casa do Linos, cando sacaban o cadáber de seu tío pra o enterrar... e foi dar meu hirmau ca cabeza nunha gran pedra do patio, gracias a Dios que non se lle abriu o cráneo
Esas persoas eran os únicos que recibían ingresos distintos dos que tiñan os labriegos de terra propia ou allea por`a venta de parte das cosechas e por os polos ou cabirtos, e por o leite vendidos, moitas veces sacadas das bocas da familia, pra comprar azúcar ou aceite ou unha tela pra vestirse... uo unha medicina... que de todo eso vin eu na miña infancia.
Eu vin eso de moi nena, entr´os 4 e 7 años, eso sementou a miña vocación de por vida: eu descartei ser cura e non me planteei ser médico porque me doía a sangue e o door alleo, pero prendoume a idea de ser maestra e ensinar esas cousas os nenos e nenas... pra que viviran millor...
E dediquei a vida a eso, a estudiar moitísimo, e a enseñar... música a nenos e Matemáticas e Informática na Universidade, a pesar de ser Ingeniero...
Claro que neso tivo moito que ver que meu pai me ensenara a ler e escribir e facer contas de msumar, restar, multiplicar, dividir e "qubrados" e raiz cuadrada... antes dos 7 anos. (meu pai ensenaba matemáticas do Bachillerato as fillas do capador de Celanova), Meu pai foi gran autodidacta, chegando a aprender música e a prepararse ven pr`as oposicios d´un cargo do ayuntamiento nos primeiros anos 50..., a emprender por sua conta dentro da familia unha concentración parcelaria familiar desde 1.944, a comprar unha propiedade comunal do pobo para qu´este tivera luz eléctrica. ¡Qué houber feito o noso pai se non se lle atravesara a sorte!.
(Junio de 2011)