PEREIRO O SAN PEDRO: Ai, Piño, que case fúche-lo Pío da Gel! E logo tí non...

Ai, Piño, que case fúche-lo Pío da Gel! E logo tí non andabas cunha pucha na testa apañando as castañas?
Contaba un día no xogo dos bolos de Lubián o tío Manuel do Selmo, con aquela retranca, tanto da súa fala coma dos seus andares, que el fora de mozo somatén, destinado en San Ceprián de Hermisende.
E unha noite tiveran que levar para casa a un paisano de alí, con máis viño no seu bandullo co dun pelexo máis un pipote xuntos.
Ao chegaren á casa daquel borrachín, dixo que era mellor entrar pola corte, que a porta da casa, no cimo da escaleira, xa a tería pechada a boa da súa muller.
Da corte subía unha escaleira de madeira que daba nunha trapa, pero non foron capaces de subilo. Cando ía polo terceiro banzo (que en Lubián decimos baldón), alá marchou de fociños contra o cu da porca, que estaba deitada no seu cubil. Daquela abrazouse á calor da porca, e medio tatexou:
--Carallo, Ignacia, cómo te fede o alento!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Xa me reí un bon rato co caso.
Non sabia que o Manuel do Selmo fora somatén, ¿levaría uniforme? pois tiña que sentarlle como a unha porc un chocallo.
Era mui pedorro, se tiraba unhos cuescanos de impresión, presumía de que non había ser humano que tuvera tanta potencia no tubo de escape, era gracioso, xa en por sí tiña cara de chiste, enterraba as boina bilbaína hasta as orellas, quedando estas como abanicos pros lados, a boca grande, se reía muto, deixando ver unhos robustos dentes que parecían os de un engazo desdentado, algo paticorto, unha perna algo máis corta ca outra, o que lle favorecía en ese subir e baixar o andar, cargaba a bomba pras súas "tracas" que nin as das fallas de Valencia estouraban tan forte.
Digo andar! máis ben casi sempre iba a cabalo de un burro de color pardo, lanudo, bueno, o lombo xa o tiña pelado, sería dos fogonazos que recibía, albarda tampouco usaba, o pobre burro casi sempre asustado, coas orellas hacía adiante como cuando abarruntan o lobo, os ollos remelois parecía que se lle iban a salir pra fora, tamén sería pra vigilar a caxata do amo.
Contaba o Manuel, que un tal Daniel máis él, andaban facendo pared no prado do Portoespiño, a pared inda era larga, coincidiu que un estaba no cimo é outro no fondo do prado, en esto que vai o Manuel e se tira un atronador pedo, tanto que o Daniel, a pesar de estar mui xordo levanta a cabeza e lle contesta mande! seguido ponse a camiñar hacía o Manuel pra ver o que lle quería, mentras o outro se escojonaba da risa. ... (ver texto completo)