Mira que andamos ben ocupad@s, e non é para menos!
Din os entendidos que hai que comer dúas pezas de froita diarias. Eche moi sana. E non se pode esquecer a laranxa que tén moita vitamina C. Hai que beber unha taza de té verde, por eso das propiedades rexuvenecedoras, sin azucre, claro, que seica se leva moi ben cos triglicéridos. Engulir polo menos dous litros de auga diarios. O que entra, a forza ten que saír, o cual implica lóxicamente pasar unha chea de tempo na garita. Obrigado é tamén ese yoghurt para alimentar a flora que pulula polas interioridades do corpo, eses miles de bechocos de boa raza que adoitan ser moi necesarios. Beber un vasiño de viño tinto prevé o infarto. Un de viño branco protexe o sistema nervioso. A cervexa tamén é boa para algo, pero xa esquecín para que...
Verduras, noces e garbanzos… Mutas noces e mutos garbanzos que son bos para "casi" todo. Millor tomar seis comidas ó día, eso sí, comidas lixeiriñas, sin esquecer mastigar polo menos trinta veces cada bocado.
Facendo isto de xeito consecuente, a min xa se me van casi cinco horas!
Un pormenor de suma importancia: lavar os dentes despois de comer a froita, o yoghurt, as noces, os garbanzos… e compre pasar tamén o fío dental, fregar as enxivas e gargarexar.
Por outra banda a xornada de traballo é de oito horas, recomendan durmir outras oito, sumándolle as cinco que emprego en beber, mastigar, hixiene bucal, evacuar líquidos mais sólidos, quédanme só tres horas dispoñibles. Esto sin contar os atascos de tráfico.
Tamén é imprescindible moverse polo menos media hora o día. Para aforrar algo de tempo poderanse dar paseos de un cuarto de hora, que ven a ser media hora entre ida e volta.
Segundo as estadísticas un adulto emprega unha hora ó día mirando a televisión. Aí xa me perdo… Como fan? A min non me queda tempo. En hora e media non dou feito o resto: ler a prensa para saber do que se fala e, moito máis importante, saber do que falas. Adicarlle tempo as amizades, á vida familiar, parella, fillos, mascotas… Á casa, limpeza, cociña, colada, plancha…
Total, deste xeito non me chega o día para seguir os cánones de vida sa-moderna-feliz. Só me proporcionan stresss, que para máis inri resulta ser moi enfermizo.
Será cuestión de organizarse millor, ducharse cada maña con auga fría coa boca aberta, para de paso inxerir os dous litros de auga tan sanos e necesarios para o bo funcionamento do organismo… Pero o resto, non me cuadra…

E o tempo diante do ordenador ¿que?. Que ese tempo tamen conta ¿non?. Muy bueno Gel. Un abrazo. Jose.
Claro que conta! Non quero nin pensar nas vitaminas que perdín de tomar! Todo sexa por avivar as ascuas deste sitio antes de que o cubran as cinzas. Mágoa.
A propósito, como andan os netiños mais esa campeona en defansa personal?
Un abrazo

Mensaje
Me gusta
No