PEREIRO O SAN PEDRO: A viaxe a Roma botada a perder nesa redundancia cíclica...

A viaxe a Roma botada a perder nesa redundancia cíclica faime lembrar un deses chistes anónimos que eu gusto de arranxar a modo de contos.

Un alto político dun dos abundantes parlamentos españois, pola súa actividade parlamentaria, tiña que facer moitas viaxes.
Normalmente, cando as viaxes non eran en avión, ía acompañado da súa señora, quen disfrutaba daquelas permanentes excursións. Pero cando había avión... o medo a viaxar neste medio podía máis co placer que experimentaba viaxando.
Tendo que asistir a unha convención en Roma, o parlamentario, sabedor do pánico aos avións que padecía ela, planificou de inmediato a compañía desa querida --agora dícese amante-- que parecen tér tódolos políticos, según as malas linguas.
Pero a muller, ao enterarse da viaxe a Roma, esqueceu o pánico ao aparello voador:
--A Roma vou, cariño. Xa sabes das ganas que teño de visitar o Vaticano. Esa viaxe non ma perdo por mal que o pase no avión. Será un sacrificio que pagará a pena. Poder bica-la tumba de San Pedro!
--Pero muller... Mira que logo te vas arrepentir. Lembra aquel ataque de ansiedade na lúa de mel, cando fomos á Tenerife, que querías baixarte en pleno voo. Paga a pena pórse a morrer por beixar unha tumba, aínda que sexa a de San Pedro?
Ela empezou a dubidar. Debatíase entre a ledicia de conocer Roma e as desagradables lembranzas daquela agonía no avión...
--Non che paga a pena, cariño, pasar outra vez por ese tormento. Podemos facer outra cousa: Eu tráigoche unha reliquia de San Pedro, tí aforras ese intre tan malo do avión, e despois podes bica-la reliquia tódalas veces que che apeteza.
E a muller, que sempre fóra moi doada de conformar, deu por perfecta a proposta do marido.

Ao regresaren de Roma, xa co avión a aterrizar, el lembrouse de sopetón de que esquecera a reliquia.
--E que fago agora?
--Qué che pasa, amor?
--Que esquecín o demo da reliquia!
--De que andas a falar?
Explicoulle o asunto que tanto o angustiaba, e entón ela meteu a man pola súa cintura, apartou un anaquiño o tanga, e arrancou catro ou cinco árbores do seu monte de Venus.
--Toma. Lévalle esta reliquia.
El non comprendía nada. Tivo que explicarlle-lo todo con pelos e señais. Aqueles suaves cabelos ían ser unhas barbas de San Pedro. Só habían de envolvelos en papel de regalo cos ornamentos axeitados.

--A que esqueciche-la reliquia de San Pedro, cariño? --foron as primeiras palabras da muller mentras o apertaba chea de ledicia, nada máis entrar pola porta.
--Non cariño. Toma.
Ela desenvolveu aquel paquetiño con impaciencia...
--Pero isto qué raios é?
--Son unhas barbas de San Pedro, muller.
Entonces ela empezou a comer a bicos aquela reliquia tan esperada.
--Pero se cheiran a bacallao! --berrou cos ollos fuxindo das órbitas.
E o home, que tiña sona de recursos oratorios nos debates daquel parlamento, respondeu a bote pronto:
--Agora te enteras tí de que San Pedro era pescador?


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España