PEREIRO O SAN PEDRO: Apreciados amigos forer@s, sinto tardar en dar señales...

Apreciados amigos forer@s, sinto tardar en dar señales de vida. Por un cúmulo de circunstancias non pudo ser doutra maneira. A partir de mañá estarei tres semanas pola terriña, a respirar a pleno pulmón. Déixovos esta historia sin ningunha intención de aburrirvos.
A min o que máis me interesa dos ordenadores é que funcionen. Como o fan, tanto me da.
Seguro que a todos nos pasou algunha vez, pedirlle algo ó aparello e o reloxo de area que non para de dar voltas no escritorio sir ir a ningunha parte. Din os entendidos que ten que ver coa redundancia cíclica. Explicáronme deste xeito en qué consiste este fenómeno exasperante:
O director dunha multinacional acércase a súa secretaria e dille: "Vanesa, teño que ir unha semana a Roma a un seminario e quero que me acompañes. Será unha oportunidade única para conocer a tódolos directivos desta empresa, así que encoméndoche o arranxo desta viaxe para a próxima semana". A secretaria chama ao seu marido e dille: "Xan, querido, estarei ausente a semana vindeira, teño que acompañar ao meu xefe a un seminario que terá lugar en Roma". Xan chama de inmediato á súa amante: "Florencia, cariño, o demo vaise a semana que ven de viaxe, e podemos pasala xuntos, imaxina, ¡toda unha semana, xa me está tardando!". Florencia chama enseguida a Berto, o neno ao que lle imparte clases particulares de matemáticas: "Berto, sinto muto, pero para a semana vou estar tan ocupada que non te poderei dar clases". Berto todo contento, chama ao seu avó: "Avó, para a semana xa me podes levar a pescar, a miña profesora está moi ocupada e cancelou as clases, estou libre, ¡avó, que ben o vamos a pasar!". O avó, que ven sendo o director desta aburrida historia, volve ó carón da secretaria: "Vanesa, a viaxe a Roma non vai adiante, vexo tan pouco o meu netiño, que non podo desperdiciar esta ocasión de pasar uns días con él. Anula as resevas do avión mailo hotel. Xa iremos a Roma para o próximo seminario". Vanesa chama ao seu home: "Xan, o tolo do xefe anulou a viaxe, así que nada, estarei na casa". Xan chama a Florencia: "Cariño, non vai poder ser, o tormento ó fin non marcha". Florencia chama ao seu alumno: "Berto, escoita, acertei a arranxar a miña axenda para que as clases poidan ir adiante". O neno chama ao avó: "a bruxa da miña profesora acaba de chamar que a semana que ven teño clase, avó sinto pero non podemos ir a pescar". O director chama de novo á secretaria: "Florencia, reanuda os preparativos, o meu neto ten clases, polo tanto iremos a Roma”.
E volve a empezar a historia…
Parece ser que esto máis ou menos é o que pasa dentro do ordenador, con outros personaxes, claro.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Munto bueno Xel, istás sahún as coisas que gostan, nahún como pra ahí en outro foro que se istán a tratar male. Que enveixa me das con isas tres simanas por Galiza, te desxo que ô pases da mellor maneira posible.
Unha aperta.
Muy bueno Gel, gusta leer estas "cousiñas" para alegrar el ánimo. Un abrazo. Xose.
te deseo una feliz estancia en tu tierra y deseando ver esas fotos q vas a colgar y aprovechando q hoy es el dia das letras gallegas felicidades a todos los forer@s q escribis y que leeis
FELICIDADES-- ZORIONAK
Muy bon GEL: Son cousas que pasan muitas veces, senon semellantes, pero si parecidas.
Desexandoche pases unhas vacacións boas na compaña da tu familia e na terriña que te vio nacer e crecer, penso. Si vas estar polo Pereiro se queres acercaste a Barxa en finde seman seras ben recibida. Estarei por alí os dias 26 e 27.
Un saudo pra ti e tamen pra os demais foreir@s.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España