PEREIRO O SAN PEDRO: Noraboa a Gel pola foto das zenouras, comparto a opinión...

O Eladio tíñase por ateo. Veneraba a sabedoría da natureza, da que era, dito sea de paso, un gran amante. Alardeaba de ser inmune as bagatelas que o clero nos mete nos miolos.
Un bo día, dando un dos seus fecuentes paseos á veira do río, sentiu rebolir algo entre uns salgueiros. Mirou para atrás pero non viu nada. Proseguiu o camiño, cos poucos pelos que lle quedaban de punta, presa dun certo presentimento de que non estaba só. Ó cabo dun anaco volveu a mirar de reollo para atrás cando viu que o seguía algo escuro que se semellaba a un can, pero non era can. Respirou fondo, sacou o peito e cando se revirou para encararse ao bicho o que viu foi un lobo con pinta famenta que non lle quitaba ollo derriba.
Botou a correr, pero ao lobo ainda lle quedaban forzas dabondo para non deixalo escapar. O Eladio corría tanto como as pernas mailo medo lle deixaban. Caeu, levantouse dun pulo e cando o lobo xa estaba a punto de votárselle enriba só se lle ocurriu dicir:
- ¡Deus, axúdame!...
De golpe, todo se parou. O lobo quedou petrificado cas dúas patas dianteiras no aire. A auga do río non se movía. Non se oubía nada hasta que unha luz cegadora resplandeceu sobre o sitio e unha voz estrondosa saíu do fondo das súas entrañas.
-Toda a túa vida negache a miña existencia, pregoas que o mundo se fizo soiño. A teoría da evolución... ja.. ja.. ja... ¿Logo esperas que te salve da situación angustiosa na que te atopas? ¿Pensas que agora te vou a escoitar coma se foras crente?
Tapando os ollos para protexerse do respandor da luz, o Eladio mira para arriba e dí con voz miudiña:
-Ten razón, sería mui hipócrita por a miña parte pedirlle que me considere crente neste intre tan crítico para min. Pero teña misericordia. Eu pídolle humildemente que polo menos convirta o lobo en cristiano.
-Concedido.
E de golpe, desaparece a luz, a auga volve a discurrir lentamente polo río, o paxaros cantan e o lobo pónse de rodillas, xunta os pezuños dianteiros, cerra os ollos, ergue a cabeza cara o ceo e di:
-Bendice Señor este manxar que me vou a tomar.

Muy bueno Gel. Estoy recopilando todos estos "contiños", traduciéndolos para los "netiños" cartageneros. Un abrazo. Xose.

Graciñas Xosé. Un abrazo tamén para os teus netiños.
O ano pasado dóuseme por por un metro cuadrado de horta. Bótalle unha ollada a esa foto que pusen da miña cosecha de cenorias. Saíronme un "chisquiño" deformadas e inda naide foi capaz de explicarme a razón. Imaxino que en Cartagena sodes expertos en hortas e o mellor tu (ou algún outro foeriro ou foreira) me saca de dudas. Apertas.

Gel, la causa de que las zanahorias se tuerzan, es debida a que el fondo donde se plantan esta demasiado duro o es terreno pedregoso. Conviene labrar o cavar el terreno en profundidad para que el tubérculo encuentre facilidad en su crecimiento. Te adjunto fotografía con ese problema extraida de Internet. Ánimo cosechera, y enseña el resultado, que llama la atención, y quien sabe si no se hacen famosas las zanahorias de Gel. Un abrazo neniña. Xosé.

Noraboa a Gel pola foto das zenouras, comparto a opinión de Xosé pois a min me pasou xa hai uns anos, e foi de que a terra non estaba traballada profundamente, enton os tubérculos, agas a pataca reviran prariba o topar no seo crecemento co terreo duro.
Unha aperta a tod@s os foreir@s do foro no que merece apena opinar, non como en outros veciños.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España