PEREIRO O SAN PEDRO: Aló hai moitos anos foi o bispo de vista a unhas parroquias,...

Aló hai moitos anos foi o bispo de vista a unhas parroquias, e chegou a unha e fixose noite e tivo que quedar. Quedou na casa do cura, e este non tiña mais ca unha cama e o bispo e o crego durmiron xuntos por ese motivo.
Mais o cura tiña unha criada que aquel dia durmio nun feixe de palla. Alá denoite despois de durmir un anaco grande, o bo do crego espertou e acoardáronselle as pitas, e dándolle unhas palmadas no cu ao bispo, berroulle:
- ¡Maria! ¡Ai, Maria! ¿E pechacheslles o buraco as pitas?.
O chasco do crego foi grande o decatarse que tiña o bispo na cama.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España