PEREIRO O SAN PEDRO: Desde logo o que se dí cantar, non cantaba moi ben,...

Creo lembrar que o tal Sifó cantaba moi ben, por iso o chamaban ós funerais de importancia en Ourense. Noutra ocasión, despois de rematar o acto maila cea, iba o crego a paso lixeiro camiño da Praza das Mercedes a coller o coche de línea de volta para Lourizán.
Era entroido, as calles estaban abarrotadas de xente cada cal co millor disfraz. Nesto atópase con Braulio, un ugandés morenocho antiguo compañeiro de seminario e deciden ir a celebrar o encontro tomando unhas copas.
O Sifó, para disimular, sacándolle proveito a ocasion embadurnou a cara con betún, e quedou tan ben que naide o recoñecería.
Ben de madrugada, cunha melandrea soberana metéronse na primeira pensión que atoparon, cantando a Rianxeira, porque a verdai hai que decila, o Sifó dáballe xeito a todos os xéneros, e tiña unha voz de verdadeiro anxo.
A dona meteunos na única habitación que lle quedaba valeira, e nun intre de lucided o Sifó pedíulle que o despertara a primeira hora para non perder o coche de línea.
Unhas horas máis tarde, cando o pobre crego ía pora calle de Santo Doningo dando tumbos e sin lavar a cara, mira o seu refreixo nun escaparate e di: "Merda, a tola esa trabucouse e despertou o Braulio".

Desde logo o que se dí cantar, non cantaba moi ben, pero pegar, pegaba unhas lambazadas de moito medo. O domingo de Ramos era de costumbre levar o ramo mais alto porque decian que era o que tiña todas as bendicións, (as palmas eran cousas dos señoritos). Pois antes da misa, Sifó pasaba revista, e o que tiña a vara do ramo máis longa, aparte de romperlla, daballe con ela no lombo. Era un caso. Decia a misa en dez minutos... e sin monaguillo. Deus o teña na gloria.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España